
«Hai 30 anos xa dicíamos na viñoteca do Carro, na Coruña, que o godello é de Valdeorras, e todo o mundo o sabe. Se hai unha praza que fixo grande a esta comarca foi A Coruña». Luis Paadín, sumiller, Técnico de Viticultura e Enoloxía e un dos creadores da Guía Paadín de Viños, estivo presente na XXV Feira do Viño de Valdeorras xunto a 11 hosteleiros coruñeses que se achegaron para catar os viños valdeorreses.

Espazo destacado na nosa entrevista para a uva godello, a súa internacionalización e a «importancia de crear marca con ela». Falaba o experto de que tras visitar «máis de 40 países do mundo, a última vez estiven en Nueva Zelanda e Australia e en todas as súas adegas teñen botellas de godello porque até alí queren plantala».
Godello na outra punta do mundo. «Un mundo que está gritando godello, e hai que escoitalo. Haberá que vender tinto, pero se non queremos ver que o que está de moda é o que temos hai un problema enorme de concepción. Hai que estar cos teus, e non vender este viño autóctono a outras adegas. É algo lícito, pero así quedan os demais coa marca».
Unha marca que toma especial relevancia en Valdeorras «porque hai que dar a cara e dar a man aos viticultores, que se note o que tedes aquí. Hai que estar nos sitios. E hai que saber que nos anos 60, Burdeos vendía máis branco que tinto, e nos anos 70 en España tamén. Hai que potencialo».