viernes. 30.05.2025

Alfredo García: «Todos queren plantar godello, pero todos saben que o godello é de Valdeorras»

O alcalde do Barco centrouse na súa intervención en defender a orixe e o potencial desta variedade autóctona da comarca na XXV Feira do Viño. Eloxiou ademais a elección do pregoeiro
somoscomarca_20240601_viloira_inauguracion_feiradoviño_alfredogarcia (22)
Alfredo García: «Todos queren plantar godello, pero todos saben que o godello é de Valdeorras».

«Viva o godello, viva Valdeorras». Así concluía o alcalde do Barco, Alfredo García, a súa intervención na inauguración da XXV Feira do Viño de Valdeorras. Bromeaba o rexedor sumándose ás palabras ditas polas autoridades que lle precederon, porque «o bo de ser o último é que case dixeron todo».

somoscomarca_20240601_viloira_inauguracion_feiradoviño (47)
Alcalde do Barco, Alfredo García, co pregoeiro, o xornalista Xabier Fortes.

Espazo destacado na súa intervención para agradecer ao «presidente do Consello Regulador e a todos os adegueiros pola elección que fixeron do pregoeiro deste ano»: o xornalista Xabier Fortes. E fíxoo tamén dirixíndose directamente a el. «Eres unha persoa respetada, querida e admirada na súa profesión e é un orgullo e un placer que estés aquí, disfrutando e bebendo Valdeorras e sobre todo, do godello». 

somoscomarca_20240601_viloira_inauguracion_feiradoviño (24)

Precisamente sobre esta uva «que é de Valdeorras» versou o resto do seu discurso. Entre risas destacaba que Xabier Fortes «é de Pontevedra, polo que o seu corazón tirará polas Rías Baixas, pero aínda que todos din que teñen o mellor godello, o godello é de Valdeorras». 

Facendo referencia ademais á polémica xurdida porque a Denominación de Orixe Rueda podería querer plantar godello, incidía o alcalde «parece que todos están enfrontados pero a nosa historia apórtanos o potencial que temos».

Intervención completa de Alfredo García, alcalde do Barco de Valdeorras:

Alfredo García: «Todos queren plantar godello, pero todos saben que o godello é de...