viernes. 30.05.2025

«Por moito que queiran comparar, o godello de Valdeorras é incomparable»

Con motivo da vixésima quinta edición da Feira do Viño, Diego Fernández da adega O Cepado fai unha valoración deste certame
somoscomarca_240601_obarco_feiradoviño_diegocepadon1028

Diego Fernández, xerente da Adega O Cepado, valora a vixésima quinta edición da Feira do Viño de Valdeorras durante a segunda xornada. Na súa intervención pon en valor o godello da comarca e asegura que «o único que non nos poden copiar é onde están as nosas viñas plantadas, o noso chan e o noso clima».

somoscomarca_240601_obarco_feiradoviño_n935
Diego, Manuel, Xabier Fortes y Carlos.

Somos Comarca: Como foi a xornada inaugural e como está indo esta segunda?

Diego Fernández: Antes de nada estamos agradecidos pola acollida e por estar na nosa comarca, en Valdeorras, e por ter a oportunidade de que a xente da zona coñeza os nosos viños. Houbo bastante xente durante o primeiro día e logo pola tarde co ambiente da final da Champions fixo que se acumularan por aquí e probaran os viños. 

SC: Cambiouse a data da celebración por mor do tempo, que che pareceu?

DF: Son decisións, eu penso que o final a xente vén. É certo que máis enfocados no verán temos a parte do turismo que está pola zona e tamén nos interesa que esa xente coñeza os nosos produtos. Pero o importante é desfrutar e que nos sitúen, sexa a data que sexa. 

SC: Cales son as referencias de Adegas O Cepado trouxeches a feira?

DF: No noso caso trouxemos os dous viños xoves, O Cepado godello e mencía. Logo por aí tamén hai algunha botella dos máis especiais ou limitados que é a Finca A Devesa e Finca A Coronela. Por sorte van funcionando ben no mercado, pero trouxen algunha botella pra que a xente que lle interese próbeo. 

SC: Hai algunha esgotada nestes intres?

DF: Nas que che acabo de comentar estamos cas últimas botellas porque o sacamos no momento idóneo para o consumo. Ademais requiren un tempo en botella. Dos xoves, din que o godello está de moda. Témolo que defender, iso é o máis importante. 

SC: Ás veces non nos creemos que temos esta calidade no viño.

DF: O autóctono de Valdeorras é o godello, de toda a vida. É unha variedade recuperada. Eu entendo que as cousas ben feitas a xente queira copialas. Pero o único que non nos poden copiar é onde están as nosas viñas plantadas, o noso chan e o noso clima. Por moito que queiran comparar o godello de valdeorras é incomparable. 

SC: Falando de plantacións, sei que levas máis a parte comercial e o teu pai leva a de plantación. Pero, como está indo a colleita con este tempo?

DF: Xa levamos uns anos con vendimas moi temperás en agosto, cousa do cambio climático. Este ano a verdade e que libramos da xeada, non afectou, por ese lado é unha etapa menos de preocupación. É certo que o mes de maio foi inestable con días de calor, de agua e demais. De momento, non hai ningún tipo de enfermidade. Queda moito, como di o meu pai, hasta que a uva estea dentro dos depósitos. Aínda que estamos moi ilusionados coa campaña que se prevé a.

SC: Cal é a zona onde máis se consumen os vosos viños?

DF: Por sorte no mes de novembro xa estamos case sen botellas e é o mellor premio que nos pode pasar. Estamos en mercado nacional, País Vasco, por toda Galicia. Madrid é un punto moi importante, tamén estamos indo para as Canarias, a xente que o proba vaille gustando. 

Entrevista completa a Diego Fernández da Adega O Cepado:

«Por moito que queiran comparar, o godello de Valdeorras é incomparable»