martes. 03.06.2025

Case 800 persoas visitan Valdeorras na Primavera de Portas Abertas

Supón un incremento do 36% con respecto ao ano pasado. Multiplicáronse as pernoctacións, o turismo por conta propia e os menús nos establecementos participantes
somoscomarca_240504_primaveraportasabertas_rutadelvino_paladium_jorgemazaira_begoñacocinera_showcoquing452 (3)
Case 800 persoas visitan Valdeorras na Primavera de Portas Abertas.

Valdeorras convertiuse esta primeira fin de semana de maio no centro do enoturismo en Galicia coa Primavera de Portas Abertas. Un total de 789 persoas achegáronse á comarca «para coñecer Valdeorras, o noso godello, o patrimonio e a paisaxe. Estamos moi contentos», resumía Joaquín Sánchez, presidente da Ruta do Viño.

Aportaba o presidente as boas cifras de participación, a pesar do mal tempo. «Comezando pola inauguración, para a que estaban inscritas 30 persoas e apareceron 80». As cifras amosan a mellora expoñencial con respecto ao ano pasado. «No 2023 viñeron 578 persoas, e este ano viñeron 789. No número de pernoctacións chegaron este 2024 ás 60, e o ano pasado foran 21».

somoscomarca_20240504_primaveraportasaberta_rutadelvino_cata_atendaderita_mercedesgonzalez (12)

Ademais dos autobuses, que tiveron as prazas completas dende hai semanas, chegaron «269 persoas frente as 99 do ano pasado por libre; e nos menús dos establecementos participantes pasaron de 43 a 128 este ano». Un dos elementos que máis poden condicionar este tipo de eventos é o tempo, e esta fin de semana non acompañou: «houbo algunhas actividades que tiveron que ser canceladas, ás que estaban inscritas 50 persoas». 

Facía referencia tamén o presidente ao anuncio da alcaldesa de Carballeda, María del Carmen González, da súa intención de adherirse á Ruta do Viño: «Somos nove concellos en Valdeorras, oito están no Consello Regulador, e sete na Ruta do Viño. Agora unirase Carballeda e é unha moi boa noticia». 

«Llevamos unos años con un turismo al alza. Lo estamos haciendo bien»

O alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, incidiu no seu balance na importancia de «dar a conocer la comarca, el vino, y eso lo estamos haciendo con creces». Agradecía neste senso o traballo «de los bodegueros, por elaborar cada vez mejor vino y crecer en ese grado de conocimiento de la gente hacia Valdeorras». 

somoscomarca_240504_primaveraportasabertas_rutadelvino_paladium_jorgemazaira_begoñacocinera_showcoquing452 (8)

Lamentaba o rexedor o «pésimo» tempo que fixo esta fin de semana, pero poñendo tamén en valor «la cantidad de gente que vino a la comarca a pesar de ello. Esperemos que el próximo año tengamos buen tiempo y podamos disfrutar con mucho más relajo». E precisamente a ese desfrute e a aproveitar o que temos facía referencia ao confirmar que «necesitamos el enoturismo, el vino, la gastronomía y llevamos unos años donde el turismo no para de crecer en nuestra zona. Lo estamos haciendo bien». 

Con todo, Alfredo García expresaba o seu desexo de seguir medrando co paso dos anos «sin parar de trabajar, porque el desarrollo turístico es un no parar». 

Case 800 persoas visitan Valdeorras na Primavera de Portas Abertas