
4 de julio de 2024, 7:39
Os viños da Denominación de Orixe Valdeorras viaxaron até Bilbao nunha cata maxistral guiada polo director técnico do Consello Regulador, Jorge Mazaira, e convidados pola Asociación de Sumilleres de Vizcaia. Na actividade presentáronse «viños un pouco singulares da nosa D.O.», explicou Mazaira.

O evento incluíu a celebración dun túnel do viño no que se combinou a degustación das referencias valdeorresas amparadas, con queixos procedentes das Denominacións de Orixe Protexidas (D.O.P.) Tetilla e Arzúa-Ulloa. Acudiron á cita case 40 profesionais do sector, nunha actividade desenvolvida no Hotel Ercilla.
Segundo valora Jorge Mazaira, «sempre é importante reforzar as catas que fagamos, con bos productos que, ademais, son da nosa terra».