O Concello de Vilariño de Conso será sede dun curso de nocións básicas para o aproveitamento dos soutos. O mesmo impartiráse o vindeiro mércores 22 de setembro no salón de actos deste municipio ourensán e constará de 4 horas de formación.
Durante o mesmo, o programa abarcará diferentes aspectos como a comercialización, a gama de produtos da castaña, a recollida, o procesado do produto ou os mercados nos que o froito do souto pode ter saída. Tamén os modelos de xestión, a calidade, a composición do prezo e a promoción do ámbito da castaña serán abordados nesta formación.
Este curso ten como obxectivo principal o de informar sobre todo o que está a ocorrer no sector da castaña, para que os produtores podan orientar as súas plantacións aos distintos mercados e así poidan facer fronte ás doenzas do castiñeiro como pode ser a avispilla.
Tamén búscase profesionalizar o sector que se enmarcan no plan de formación continua 2021. Así, preténdese mellorar a produtividade, ao mesmo tempo que se potencia a remuda xeracional co fin de consolidar un modelo produtivo sólido e sustentable do agro galego. Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021
Todos os interesados poderán anotarse nos cursos cubrindo a correspondente solicitude dispoñible na páxina web da Consellería do Medio Rural. Esta deberá remitirse cuberta ao correo electrónico de [email protected]. Tamén poden chamar ao número 881997279 para máis información.