jueves. 29.05.2025

A Xunta impulsa a rehabilitación de vivendas en Vilariño de Conso para favorecer o alugueiro accesible

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas visitou o concello de Vilariño de Conso, onde entregou as chaves dunha vivenda rehabilitada na antiga casa cuartel
somoscomarca_vilariñodeconso_entregaviviendas_ (3)
A Xunta impulsa a rehabilitación de vivendas en Vilariño de Conso para favorecer o alugueiro accesible

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, visitou hoxe o concello de Vilariño de Conso, onde fixo entrega das chaves dunha vivenda rehabilitada na antiga casa cuartel, grazas ás axudas da Xunta destinadas a inmobles de titularidade municipal. Cun investimento de 80.000 euros, este proxecto permitirá que un veciño poida acceder a unha vivenda en réxime de alugueiro accesible.

somoscomarca_vilariñodeconso_entregaviviendas_ (4)

Durante a súa visita, a conselleira tamén supervisou as obras de rehabilitación doutro inmoble municipal, a antiga casa rectoral de Sabuguido, onde se están a crear tres novas vivendas con apoio deste mesmo programa, cunha achega de 150.000 euros.

somoscomarca_vilariñodeconso_entregaviviendas_ (2)

Allegue destacou a implicación do Concello de Vilariño de Conso na recuperación de vivendas en desuso para facilitar o acceso á vivenda no rural e puxo en valor o esforzo dos alcaldes de pequenas localidades que, a través dunha boa xestión, «acadan grandes resultados».

somoscomarca_vilariñodeconso_entregaviviendas_ (2)

A titular de Vivenda lembrou que a liña de axudas da Xunta para a rehabilitación de edificacións municipais con destino ao alugueiro social permanece aberta ata o 3 de xuño. Esta convocatoria, dotada con 1,85 millóns de euros ata 2026, estendeuse recentemente a concellos de menos de 30.000 habitantes, fronte ao límite anterior de 20.000.

somoscomarca_vilariñodeconso_entregaviviendas_ (1)

As achegas autonómicas poden cubrir ata o 95 % do custo da rehabilitación, cun máximo de 50.000 euros por vivenda, cifra que se eleva a 55.000 euros se se atopa nun conxunto histórico, na Ribeira Sacra ou nos Camiños de Santiago, e a 57.000 euros no caso das áreas Rexurbe.

somoscomarca_vilariñodeconso_entregaviviendas_ (1)

Con este programa, a Xunta reafirma o seu compromiso co acceso á vivenda no rural, facilitando a recuperación de inmobles municipais para fomentar o asentamento de poboación nestes territorios.

Fotos cedidas

 

A Xunta impulsa a rehabilitación de vivendas en Vilariño de Conso para favorecer o...