jueves. 19.06.2025

Castiñeira (Vilariño de Conso) máis cerca de ter cobertura móbil

Estase traballando no tema da telefonía móbil, entón «espero que nos 15 próximos días xa teñan unha cobertura do século no que estamos, que levamos moito tempo loitando con iso», asegura Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño de Conso
somoscomarca_vilariñodeconso_castiñeira_2022 (2)
Castiñeira (Vilariño de Conso) máis cerca de ter cobertura móbil

O Concello de Vilariño de Conso está comezando a encherse de obras, sobre todo, nos accesos os núcleos. «Estamos nunha obra que é bastante complexa en Vilariño, porque limita o tráfico e causa un trastorno ós veciños», explica Melisa Macia, alcaldesa do Concello. 

Aproveita este momento para agradecer a veciñanza, xa que «deron parte das fincas para facelo». Se o tempo o permite, «nun mes estará finalizada a obra». De feito, non se pode esquecer que está case a chegar a Mascarada, entón «intentámolo facer entre o Entroido e a Mascarada para intentar causar o menor trastorno posible». 

A maiores, estase traballando no tema da telefonía móbil, entón «espero que nos 15 próximos días xa teñan unha cobertura do século no que estamos, que levamos moito tempo loitando con iso», asegura Macía. 

Por outra banda, están abertas as «obras do tanatorio municipal, que estes días non puideron traballar moito por mor do tempo, pero van avanzando». Estes días, dende o Concello están con moita carga de traballo por «tema de subvencións. Estamos intentando encaixalas todas o mellor posible para favorecer os veciños e cumprir cas demandas que teñen», conclúe Melisa Macía. 

Castiñeira (Vilariño de Conso) máis cerca de ter cobertura móbil