sábado. 31.05.2025

Vilariño de Conso terá un novo tanatorio municipal

Melisa Macía, alcaldesa do concello, explica como está a ser a obra
P_somoscomarca_vilariño_tanatorio
Construción do novo tanatorio municipal de Vilariño de Conso

Onte, desde o Concello, anunciábase o comezo da construción dun novo tanatorio para Vilariño de Conso. Melisa Macía, alcaldesa do concello, é a encargada de dar máis detalles sobre esta nova obra. 

En estes momentos estase quitando os materiais da antiga construción. Esta nova edificación estará situada nunha parcela por debaixo da residencia de terceira idade. Este pertencía a Iberdrola, pero foi cedido o Concello. 

«Calculo que aproximadamente en tres meses se poida ver rematado», asegura a alcaldesa. Esta obra está financiada ó 50 % pola Deputación de Ourense, cunha inversión de máis de 200.000 €. 

«Será un servizo esencial para todos os veciños de Vilariño, xa que temos un tanatorio moi pequeno na praza. Necesitábase algo máis de comodidade para esos momentos máis duros da vida», sinala Melisa Macía. 

Tamén se atopan en construción dúas torretas de cobertura móbil, «unha en Chaguazoso e outra en Pradoalbar, xa se solicitaran fai 3 anos. Esperemos que se rematen pronto para que esos veciños que non tiñan cobertura poidan ter unhas condicións do século XXI», remata explicando a alcaldesa. 

Vilariño de Conso terá un novo tanatorio municipal