viernes. 29.03.2024
vilariño_rodaje_pelicula_paisajedemontaña_12_03_2022
Doce jóvenes apuestan por el paisaje de montaña de Vilariño para su película

A paisaxe de montaña de Vilariño de Conso é unha das súas principais riquezas e así o corroboraron doce mozos produtores que elixiron a contorna como espazo principal para rodar a súa película “ Cando ou tempo acabe”

Un interese que comezou no 2020 cando, grazas ao contacto con xente local, os estudantes da Universidade de Vigo decidiron visitar á alcaldesa do municipio, Melisa Macía, para propoñerlle a idea. «Un día apareceron polo despacho uns mozos de 20 anos cun proxecto dun documental. A partir de aí mantivemos comunicacións e viñeron varias veces para ver vos sitios», explicaba Macía.

A pandemia paralizou todos os plans e os mozos víronse obrigados a pospoñer a gravación ata esta segunda semana de marzo. Miguel Gómez Abad, director da película, destacaba que «o parón axudou a que comprendesen mellor o noso proxecto, porque para o guion que escribín, Vilariño era xusto o que necesitaba».

«Realmente días de rodaxe foron dúas, porque o resto foron de preparación polo tempo. Tivemos climas que parecía que estabamos nas catro estacións de Vivaldi, xa que nos atopamos con choiva, sol, saraiba, neve e nubes baixas. A verdade complicounos un pouco as cousas, pero vai quedar unha cousa curiosa. Ao final vaise ver menos do que queriamos, porque o clima é tan denso que as paraxes naturais quedan semi ocultas», destacaba o director.

A parte da película, que haberá que esperar ata o mes de xuño para poder vela, o grupo de mozos crearán un documental destinado a mostrar a súa experiencia en Vilariño e como viviron a montaña, servindo así de reclamo turístico. «O documental é a parte que queda ao concello, porque nós colaboramos dándolles aloxamento e dietas, e eles, pola súa banda, farán un documental», explicaba a alcaldesa.

O Pobo de Chaguazoso, O Foxo do Lobo, a Estación de Montaña de Manzaneda ou a zona de Castiñeira son algúns dos lugares que se poderán ver na produción. A alcaldesa quixo destacar que estaba «agradecida polo traballo e o profesionais que son, que se adaptaron xenial a nosa contorna e ás nosas circunstancias. Desde o minuto un apostamos por eles, porque á parte de ser xente seria e moi responsable, vin unha oportunidade para dar a coñecer moito máis o encanto do noso municipio».

Un grupo de mozos apostan pola paisaxe de montaña de Vilariño para a súa película