martes. 16.04.2024

Ás 11:00 horas deste sábado, 26 de febreiro, trece folións daban o pistoletazo de saída ao día grande do Entroido en Vilariño de Conso. A pesar de que a covid segue marcando a festividade, os veciños do concello non dubidaron en saír ás rúas para gozar da troula.

Este ano, os veciños volvían quedar sen a súa Festa do Cabrito como a coñecían antes da pandemia. O Concello adaptou a situación sanitaria á ilusión dos seus cidadás, e por iso, repartíronse racións aos participantes do folión, aos empadroados e membros da Asociación Xuntos polo Folión.

undefined
O Cabrito

Para os seus habitantes estas datas están marcadas a ritmo de folión e de boteiros e, aínda que a celebración non foi como antes da pandemia, foron moitos os que se achegaron ata o municipio para gozar dos bombos e a festa. Os folións, tanto das parroquias do concello como dos municipios veciños, saíron do Toural e terminaron no albergue municipal.

Os veciños de Vilariño volven saír ás rúas para celebrar o seu Entroido