A gala de entrega dos premios da XXIV Cata Oficial da Feira do Viño de Valdeorras celebrouse na tarde noite do venres, 7 de xullo no Complejo Hostelero Paladium de Vilamartín. Os xornalistas especializados que visitan estes días a comarca participaron como xuíces no panel de cata para valorar as diferentes referencias presentadas a concurso
O presidente da D.O. Valdeorras José Ramón Rodríguez Castellanos agradeceu a asistencia dos presentes sinalou que estes premios se entregaban nun «acto separado á feira» xa que así se «pon o foco exclusivamente no traballo dos adegueiros e viticultores» visibilizándose así os viños «dándolle o protagonismo que merecen tanto a gañadores coma a participantes».
Rodríguez Castellanos sinalou que polo simple feito de participar e sacar adiante unha colleita todas as adegas deben xa considerarse «gañadoras» e reivindicou o acto de entrega dos premios como «unha festa dende o sector e para o sector».
No acto estiveron presentes representantes da politica local e provincial. Emma González, xerente do Inorde; o deputado autonómico, Eduardo Ojea; os deputados provinciais, Álvaro Fernández e Aurentino Alonso; o alcalde do Barco, Alfredo García; o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez; a alcaldesa da Rúa, María Albert; o alcalde do Bolo, Alberto Vázquez e o representante de Rubiá, José Antonio Doce.

As adegas e viños que resultaron distinguidas na XXIV edición da Cata foron:
En brancos:
1º Premio- A Coroa Godello Produción Controlada de Adega A Coroa S.A.T.
2º Premio- Joaquín Rebodello Godello 2022 de Bodega Joaquín Rebolledo S.A.
3º Premio- Maruxa Godello 2022 de Virxe do Galir S.L.U.
En tintos:
1º Premio- Cascanueces Mencía 2022 de Arnadoval S.L.
2º Premio- Sampayolo Mencía 2022 de Bodega Sampayolo S.L.
3º Premio- Joaquín Rebolledo Mencía 2022 de Bodega Joaquín Rebolledo S.A.
A mención especial para o mellor viño doutras añadas foi a parar ao Lagar do Cigur Crianza 2015 da Adega Melillas e Fillos S.L