viernes. 27.06.2025

Vilamartín conta con 13 casos de COVID entre a poboación

O alcalde Enrique Álvarez Barreiro pide a os residentes na vila que extremen todas as precaucións a hora de saír da casa

Actualmente o Concello de Vilamartín de Valdeorras contabiliza 13 casos activos por coronavirus neste luns 19 de outubro tal e como informaron dende a alcaldía.

O pasado venres o municipio contaba con 14 positivos por esta enfermidade, baixando o domingo a 11 e este luns voltando a subir hasta os 13, tratándose de casos detectados en unidades familiares. O rexedeor Enrique Álvarez Barreiro apela a prudencia de todos os veciños, pedíndolles a súa vez que extremen as precaucións a hora de saír da casa e limitando o máximo os seus movementos e as reunións.

Tamén dende a alcaldía decidiron suspender todas as actividades culturais e deportivas programadas para as próximas datas.

Vilamartín conta con 13 casos de COVID entre a poboación