Vilamartín bótase a andar pola biopsia líquida
14 de mayo de 2017 (15:30 h.)
Esta mañá, máis de trescentas persoas participaron nunha andaina organizada polo Concello de Vilamartín e Xanzá Ecoturismo en apoio á campaña de recadación de fondos para a investigación da biopsia líquida. Rafael López, investigador ó cargo do proxecto e veciño de Vilamartín, agradeceu ós seus veciños o seu compromiso. A concelleira de Deportes de Vilamartín, Eva Arias, explicou que a vila tense volcado para estar á altura da iniciativa do seu conveciño.