viernes. 01.12.2023

Esta mañá, máis de trescentas persoas participaron nunha andaina organizada polo Concello de Vilamartín e Xanzá Ecoturismo en apoio á campaña de recadación de fondos para a investigación da biopsia líquida. Rafael López, investigador ó cargo do proxecto e veciño de Vilamartín, agradeceu ós seus veciños o seu compromiso. A concelleira de Deportes de Vilamartín, Eva Arias, explicou que a vila tense volcado para estar á altura da iniciativa do seu conveciño.

Vilamartín bótase a andar pola biopsia líquida