martes. 01.07.2025

Seis veciñas de Valencia do Sil decoran a aldea con manualidades

Varias integrantes da Asociación O Castro están a realizar lousas decoradas cos nomes de cada un dos barrios, así como outras manualidades para o pobo

Seis veciñas de Valencia  do Sil (Vilamartín) acoden cada martes e xoves á antiga de escola da aldea para realizar manualidades coas que darlle un cambio aos barrios. Nesta ocasión, as integrantes da Asociación O Castro elaboraron lousas decoradas cos nomes de cada un deles, xa que ata o momento non existía ningún cartel que os diferenciase. 

Carmen, Pili e Begoña comentaban a Somos Comarca que «a raíz de que en outubro creásemos a asociación ocorréusenos que podiamos facer manualidades. Estamos a facer un pouco de todo, cadros de area, adornos para o pobo e bonecos de barros persoais». 

A asociación xurdiu «porque me daba moita pena que se estaban levando todo para Vilamartín e onde eu vivía non había nada. Tomei as rendas e con axuda do resto da directiva fixemos o magosto, o folión veu en carnaval e estamos a organizar a festa de San Bernabé, contamos con facer a sardiñada», explicaba Begoña. 

Festas de San  Bernabé 

O venres, 10 de xuño, acudirá o folión dos Viticultores polas rúas do pobo e haberá Cantos de Taberna en tres covas. O sábado levarase a cabo un pasarúas a cargo de Abertal que acompañará á procesión e encargarase da sesión vermut. Xa pola noite, celebrarase a festa a cargo dun dúo e o domingo continuará a festa.  

Seis veciñas de Valencia do Sil decoran a aldea con manualidades