«A Ruta dos Pueblos», 42 quilómetros recorrendo as aldeas e vilas do Concello de Vilamartín

somoscomarca_arcos_andaina_rutadospueblos_andarinesarcos_2022 (6)
Os Andarines de Arcos percorren 42 quilómetros para visitar os 15 pobos de Vilamartín e aínda estás a tempo de unirte a eles nalgún dos tramos polos que pasan

Son sete — Carlos, Ceferina, Pablo, Luis, Lucio, Carlos  e Diego— os deportistas que acudiron a chamada dos Andarines de Arcos. Nestes intres, percorren 42 quilómetros polas terras de Vilamartín para deixar a súa pegada en cada un dos 15 pobos que conforman o concello.

426e3439-fffe-40b2-b80f-59cd5f22a1d4

Partiron ás 8 da mañá da praza de Arcos rumbo a Valdegodos, desde alí baixaron cara Penouta e logo a Arnado. De Arnado subida a Correxais —por un tramo da «Ruta da Vía Nova»— para baixar a Valencia do Sil. Tras cruzar a presa e avanzar un tramo polo «Camiño de Inverno» chegada a San Miguel de Outeiro e desde alí a capitalidade do concello,  Vilamartín de Valdeorras.

Dora, a perra de Carlos acompañaos no primeiro tramo 

De Vilamartín subida a Cernego para recorrer os 4,5 quilómetros que separan ambas poboacións pola Ruta da «Fada da Loba». E, de Cernego continúa a subida cara O Robledo onde tras completar os 24 quilómetros e medio, parada  para comer.

O seis deportistas desaiando a chuvia e o frío ás 8 da mañá na praza de Arcos

Despois da comida no Robledo o seguinte lugar a visitar, Os Chelos en San Vicente de Leira. Para elo tiveron que facer unha baixada onde atravesaron o Regueiro do Bacelo e O Río Leira para chegar a San Vicente. Desde alí a Baxeles e baixada ao Mazo. Desde o Mazo a Córgomo e tras atravesar o río —por onde discorre a «Senda Verde do Río Farelos»— chegada á Portela  para rematar na praza de Arcos.

Luis, Luco e Diego cerran o grupo saíndo de Arcos

Os que queiran unirse estes andaríns pódeno facer ao longo do percorrido. E se queren rematar con eles a volta ben e se non cada quen pode facer os tramos que queira.

Dora pousa para a cámara

Esta é a cuarta vez que este grupo de deportistas fai a «Ruta dos Pueblos».Todo comezou por mor da pandemia,en novembro do 19, cando decidiron realizar a ruta en sustitución da Carreira das Cidades en Vilamartín —que se volve a retomar este ano e será o 27 de novembro—. O ano pasado fixérona o 21 de novembro para unirse, unha vez máis a Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas, en Vilamartín . 

O grupo deixando Arcos

A camiñata  discorre por parte de rutas tan emblemáticas como a da Vía Nova, Camiño de Inverno, Santa Compaña, Loba da Fada e Senda Verde Río Farelos.