
Son sete — Carlos, Ceferina, Pablo, Luis, Lucio, Carlos e Diego— os deportistas que acudiron a chamada dos Andarines de Arcos. Nestes intres, percorren 42 quilómetros polas terras de Vilamartín para deixar a súa pegada en cada un dos 15 pobos que conforman o concello.

Partiron ás 8 da mañá da praza de Arcos rumbo a Valdegodos, desde alí baixaron cara Penouta e logo a Arnado. De Arnado subida a Correxais —por un tramo da «Ruta da Vía Nova»— para baixar a Valencia do Sil. Tras cruzar a presa e avanzar un tramo polo «Camiño de Inverno» chegada a San Miguel de Outeiro e desde alí a capitalidade do concello, Vilamartín de Valdeorras.

De Vilamartín subida a Cernego para recorrer os 4,5 quilómetros que separan ambas poboacións pola Ruta da «Fada da Loba». E, de Cernego continúa a subida cara O Robledo onde tras completar os 24 quilómetros e medio, parada para comer.

Despois da comida no Robledo o seguinte lugar a visitar, Os Chelos en San Vicente de Leira. Para elo tiveron que facer unha baixada onde atravesaron o Regueiro do Bacelo e O Río Leira para chegar a San Vicente. Desde alí a Baxeles e baixada ao Mazo. Desde o Mazo a Córgomo e tras atravesar o río —por onde discorre a «Senda Verde do Río Farelos»— chegada á Portela para rematar na praza de Arcos.

Os que queiran unirse estes andaríns pódeno facer ao longo do percorrido. E se queren rematar con eles a volta ben e se non cada quen pode facer os tramos que queira.

Esta é a cuarta vez que este grupo de deportistas fai a «Ruta dos Pueblos».Todo comezou por mor da pandemia,en novembro do 19, cando decidiron realizar a ruta en sustitución da Carreira das Cidades en Vilamartín —que se volve a retomar este ano e será o 27 de novembro—. O ano pasado fixérona o 21 de novembro para unirse, unha vez máis a Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas, en Vilamartín .

A camiñata discorre por parte de rutas tan emblemáticas como a da Vía Nova, Camiño de Inverno, Santa Compaña, Loba da Fada e Senda Verde Río Farelos.