lunes. 25.09.2023

Ao redor de 20 persoas saíron pasadas as oito e media da mañá da praza de Vilamartín para percorrer os 8 quilómetros que separan a capitalidade do municipio desta parroquia vilamartinesa que hoxe, 25 de setembro celebra o San Cosme.

Inicialmente os romeiros subían ao Robledo pola ruta dos muíños —recibe este nome polos muíños que hai entre Cernego e O  Robledo—. Agora súbese pola Ruta da Loba da Fada,« unha ruta homologada que fa exactamente o mesmo camiño», aclara o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez Barreiro, presente na saída.

Andaina desde Vilamartín ao Robledo onde se celebra o Ssan Cosme (6)
Os Andarines de Arcos non faltaron á cita co Robledo e o San Cosme

Desde 2019 non se realizaba esta camiñada por mor da pandemia na que se botou de menos a moita xente que participaba antes. Oa Andarines de Arcos e os do Club Peña Trevinca non faltaron á cita, tampouco xente de Petín, A Rúa e como non, do concello vilamartinés.

Andaina desde Vilamartín ao Robledo onde se celebra o Ssan Cosme (7)
Andaina desde Vilamartín ao Robledo onde se celebra o San Cosme 

O camiño sube desde Vilamartín a Cernego, logo baixa ao Bacelo —onde están os muíños— e desde alí súbese ao Robledo. «Uns oito quilómetros que poden ser duros para a xente que a fai a primeira vez ou non está acostumada», comenta o alcalde.

Andaina desde Vilamartín ao Robledo onde se celebra o Ssan Cosme (4)
Andaina saíndo de Vilamartín ao Robledo onde se celebra o San Cosme (4)

Unha vez no Robledo os que queiran irán a misa e logo alí hai pulpo e carne o caldeiro para os que non leven a carabela. Iso si, a hora da sobremesa os doces compartiranse entre uns e outros. Non faltará un groliño de licor café ou unha aguadente de herbas para animar o xogo dos bolos, pero iso xa será á tardiña, «unha tradición moi arraigada no pueblo do Robledo»

«Naide vai pasar fame, nin sede no Robledo», rematou o alcalde.

Os romeiros volven ao Robledo (Vilamartín) para celebrar o San Cosme