martes. 24.06.2025

Recordos e vivencias ao redor das covas de Vilamartín, no sentir de Sara Fernández

A pregoeira da Festa das Covas de Vilamartín, Sara Fernández, fixo partícipe aos veciños coas súas palabras, evocando tempos no que as covas foron parte importante da vida

Ca lectura do pregón e a homenaxe aos coveiros comeza «A Pequena» que dá o pistoletazo de saída á gran cita «a festa das Covas», pero antes o pregón, que por segundo ano consecutivo caeu nunha muller, Sara Fernández.

A economía e os «activos» foron o fío condutor desta vilamartinesa que é docente e investigadora da Universidade de Santiago de Compostela e que brilantemente mesturou covas, economía e tradición.

somoscomarca_vilamartin_festadascovas_apequena_pregon_sarafernandez_202320232157 (23)
Pousado da pregoeira con amigos e familia

Referencias e recordos persoais e tamén dos veciños de Vilamartín. Confesou que na súa xuventude a saída nocturna comezaba nas covas —ao contrario que nos 80, época na que as covas remataban a noite ou comezaba o día—.

Hai anos pola a Madalena —festa que se celebra o 22 de xullo en Vilamartón— facíanse empanada e fritíanse anguías que se comían nestas covas, isto contoullo Margot.

somoscomarca_vilamartin_festadascovas_apequena_pregon_sarafernandez_202320232157 (12)
As súas amigas aplaudiron a rabiar durante o todo o pregón

Algunhas das lembranzas teñen nome e outras non coma a do mozo que lle botaba pedra ao cubeto para que o pai non soubera que faltaba o viño. Da do que viu a virxe cando baixaba das covas tampouco se soubo o nome ao igual que a dos que estiveron toda a noite da praza a cova para ver se a billa estaba pechada e en cada viaxe enchían a cunca.

Sinalou Fernández que as covas «eran un activo, unha inversión para crear riqueza», xa que cos ingresos do viño mantíñanse as familias todo o ano e ata «pagaban o fiado na tenda».

Sinalou a importa

somoscomarca_vilamartin_festadascovas_apequena_pregon_sarafernandez_202320232157 (19)
Xunto a Tito e Manelán, civeiros

ncia da muller dun lugar que desfrutaban os homes e recordou a primeira muller pregoeira, Silvia Rodríguez,  que tamén fixo referencia ao tema. Porque eran elas as que fritían as anguías e  facían a empanada e «limpaban a cova antes e despois e incluso aturaban aos homes cando baixaban».

somoscomarca_vilamartin_festadascovas_apequena_pregon_sarafernandez_202320232157 (18)
O fillo de Pedro Arias recolleu a placa que homenaxea ao seu pai finado este ano

Non se esqueceu do «activo» que foi en 1996 cando un grupo de coveiros e coveiras aproveitaron para facer a primeira festa das covas  e que hoxe cumpre 25 anos, «sen o seu traballo, esforzo e dedicación non sería posible cumprir este cuarto de século».

somoscomarca_vilamartin_festadascovas_apequena_pregon_sarafernandez_202320232157 (20)
Constantino ferrer amosa a súa placa

Moitos recordos e moita emotividade nun acto que rematou coa entrega e homenaxe aos coveiros. Constantino Ferrer García e o finado Pedro Arias González, para o cal Manelán —presidente da Asociación de Coveiros de Vilamartín— tivo un emotivo recordo.

Recordos e vivencias ao redor das covas de Vilamartín, no sentir de Sara Fernández