
Os vindeiros 5 e 6 de xullo Vilamartín de Valdeorras volverase converter nun centro da música e do entretemento coa celebración da terceira edición do Goom Festival de Música. Por primeira vez estenderase durante dous días nas instalacións do Complexo Hostaleiro Paladium.
O venres arrinca o programa ás 00:00 da noite con música techno, cun cartel de DJ's locais e do Bierzo. Xa o sábado día 6 pola tarde o festival continúa cunha festa na piscina. O punto forte será unha nova edición do premio MFC, o Showdown 039, onde se levarán a cabo combates de MMA, Kick Boxing, Muay Thai, K1 e Grappling, tanto en categorías masculinas como femininas.
O festival pechará o programa coa festa Goom, con sorpresas, espectáculos en directo e DJs de toda España. En total o cartel conta con 11 artistas.
Con todo, e coa colaboración de Inorde, o festival contará coa presenza de influencers de Galicia que chegarán a Valdeorras para «promocionar a beleza e riqueza da nosa comarca, contribuíndo á súa difusión e atractivo turístico».