miércoles. 04.10.2023

Dende o grupo nacionalista reclamarán no Parlamento que non se peche aulas nos núcleos rurais de Galicia

O Bloque Nacionalista Galego ven de rexistrar unha serie de preguntas no Parlamento de Galicia dirixidas ao goberno da Xunta de Galicia, entre elas a problemática xurdida a raíz do peche dunha das aulas do CEIP Xose Manuel Folla Respino de Vilamartín de Valdeorras.

Dende o grupo nacionalista destacan que condenan ao único colexio público da localidade a reducir os grupos de ensiono para o vindeiro curso. Por elo instan a Consellería de Educación a manter a actual estructura do centro do municipio, que actualmente conta cunha unidade de infantil e 3 de Primaria.

Tamén piden modificar o actual sistema de ratios para bonificar aos centros do rural de Galicia pola función estabilizadora de poboación nas súas respectivas localidades.

Por último creen que esta situación ven derivada dunha estratexia planificada do desmantelamento do ensino público nos núcleos rurais co malestar que provoca en vilas pequenas como a de Vilamartín.

O BNG pedirá no Parlamento que non se pechen aulas no colexio de Vilamartín