martes. 28.11.2023

Nove artistas de

Lugo e Ourense participan na exposición que abrirá as portas o vindeiro venres

na sala Conde Torino de Córgomo

A sala Conde Torino de Córgomo volve, un ano máis polo Nadal, para amosar a arte de  nove creadores cunha temática común, o Alzheimer.  Abrirá as súas portas o vindeiro sábado 7 de decembro, ás 17 h e poderá visitarse até pasar Reis os fins de semanas e festivos de 10 a 22 h.

Cógomo Arte 8 contará cas pezas creadas para a ocasión por Martín Lestao e Ignacio Castro «Nachok», da Mariña; a sarriana Violeta Bernardo; Arturo Ceide e Crystilandia de Ribeira Sacra; Patricia Fernández Paz, de Chantada; e representando á comarca de Valdeorras, Brais Fernández Vizcaya e os anfitrións da mostra, Victorino Núñez «Torino», e Manuel Conde.



«Ó igual que nas anteriores edicións, en Córgomo Arte 8 “Sinapses” quixemos abrir unha nova reflexión sobre o mundo da arte, enfocándoo desta volta desde a súa dimensión máis social. Desde a nosa pequena tribuna, Córgomo Arte pretende poñer a arte ó servizo do colectivo, como un medio de visibilización dunha terrible realidade do noso tempo como son o Alzheimer e outras demencias. A arte quizais poida parecer algo superfluo cando se fala de temas tan duros coma este, pero tamén constitúe unha poderosa ferramenta de comunicación que nos permite poñer o debate enriba da mesa para poñerlle voz e desestigmatizar realidades tan sensibles coma estas, nas que as redes de apoio son esenciais», sinalan desde a organización.

Sivia Fiallega, comisaria da exposición, na anterior edición

«A arte como forma de expresión é unha práctica empregada satisfactoriamente en terapias con enfermos de Alzheimer, porque lles facilita canles para a comunicación onde a palabra xa non chega. Por iso, para esta edición, contamos coa participación especial dos dez usuarios e usuarias de AFAN Burela —Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias—, que cos seus terapeutas e a colaboración do artista plástico Martín Lestao, quixeron regalarnos un pedaciño da súa memoria en forma de obra de arte, un libro formado por páxinas que cada un deles foi enchendo de vida e de cariño», engaden.

Cartel anunciador de Córgomo Arte

A anterior edición levou por título «SETE» e nela participaron 12 artistas. Silvia Fiallega comisaria da exposición subliñaba, «é un bo número para cumprir anos, o 7 é un número máxico e cargado de simbolismo».

O Alzheimer eixe temático en Córgomo Arte