jueves. 19.03.2026

Córgomo (Vilamartín) abre as “Rutas que rexeneran” cun paseo pola antiga mina de ouro das Barreiras

Cerca de 30 persoas participaron nun percorrido que combina historia, arqueoloxía e patrimonio natural no corazón de Valdeorras
somoscomarca_corgomo_asbarreirasouro_santiagoferrer (1)

Córgomo (Vilamartín) converteuse este xoves no punto de partida dunha nova proposta para redescubrir o territorio: as “Rutas que rexeneran”, unha iniciativa impulsada pola Deputación de Ourense a través do Inorde dentro do Xeodestino Trevinca-Valdeorras.

A primeira das citas levou a preto de 30 persoas a percorrer unha ruta circular de arredor de tres quilómetros con saída desde a praza de Córgomo, nun itinerario que puxo o foco na riqueza histórica e arqueolóxica da contorna.

somoscomarca_corgomo_asbarreirasouro_santiagoferrer (2)

Guiados polo arqueólogo Santiago Ferrer, os participantes iniciaron o percorrido pasando pola casa natal de Florencio Delgado Gurriarán e pola igrexa de Santa Marta, onde fixeron unha parada para coñecer os seus retablos e a súa historia.

A ruta continuou cara á antiga explotación aurífera das Barreiras, un dos puntos máis destacados do itinerario. Tal e como explicou Ferrer, trátase dun espazo onde o ouro se extraía mediante a técnica da ruina montium, un sistema empregado polos romanos que utilizaba a forza da auga, canalizada dende os ríos Farelos e Leira, para derrubar a montaña e acceder ao mineral.

somoscomarca_corgomo_asbarreirasouro_santiagoferrer (2)

O percorrido seguiu en dirección a Arcos, onde o grupo puido coñecer a coñecida como “Cova dos Mouros”, outra explotación mineira, neste caso de ouro de orixe primaria, que chamou especialmente a atención dos asistentes.

P

A última parte da ruta levou aos participantes ata diferentes zonas con petroglifos, entre os que destaca o coñecido como “labirinto”, un dos conxuntos máis completos da zona. Segundo explicou o arqueólogo, algúns destes gravados poderían estar relacionados con sistemas simbólicos ou solares, aínda que a súa interpretación segue aberta, xa que este tipo de representacións aparecen en distintos puntos do mundo.

somoscomarca_corgomo_asbarreirasouro_santiagoferrer (1)
O petroglifo do labirinto

Esta actividade marca o inicio dun calendario que se desenvolverá ata o mes de maio en distintos concellos do xeodestino, combinando rutas históricas, natureza, gastronomía e experiencias sostibles.

Tras esta primeira parada en Córgomo, a programación continuará este sábado cun novo percorrido polos concellos de Petín e A Rúa, centrado tamén no patrimonio histórico da zona

somoscomarca_corgomo_asbarreirasouro_santiagoferrer (3)

Tu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizado

Tu prueba Premium ha finalizado

Córgomo (Vilamartín) abre as “Rutas que rexeneran” cun paseo pola antiga mina de ouro...