lunes. 02.06.2025

A Festa das Covas de Vilamartín acolleu a máis de 4000 persoas

Sherezade Núñez, tenente de alcalde do concello, agradécelle a organización e a Protección Civil polo «labor estupendo de vixilancia e coidado»

Esta vixésima sexta edición da Festa Coveira Sherezade Núñez, tenente de alcalde de Vilamartín, defínea como algo «moi positiva». Ademais, non houbo que «lamentar» incidentes durante o transcurso da noite. «É algo que nos preocupa moito, xa que acolliamos máis de 4000 persoas». 

Núñez agradécelle a organización e a Protección Civil polo «labor estupendo de vixilancia e coidado». Tanto o venres como o sábado, aínda que o 2 de agosto «é máis íntimo cun pregón magnífico». 

Nesta ocasión conservase 44 covas, pero «temos varios centos delas dentro do propio concello». No percorrido, os visitantes puidéronse atopar unha «diversidade moi grande». 

Vicente Rodríguez, Tito, previña moita afluencia

Volve unha das festas máis aclamadas e multitudinarias de Valdeorras. Durante o dous e tres de agosto Vilamartín volverá encherse coa Festa das Covas. Os membros da organización estiman que unhas 5000 persoas visiten as 44 covas que estarán abertas o sábado. 

Aínda que a festa comezará de maneira oficial o venres, dous de agosto, co pregón a cargo de Mita Macía Losada «que está en Turismo de Aragón», relata Vicente Rodríguez, Tito, membro da directiva da Asociación Coveiros. A maiores tamén se fará unha homenaxe a Abel Núñez, un coveiro, e a Encarnación Fernández, unha das colaboradoras. 

Este primeiro día era «en principio para nós, pero vaise arrimando xente e ao final sempre veñen máis dos que pensabamos», explica. Por este motivo, todas aquelas persoas que estean interesadas en acudir a esta primeira ronda de visitas, poden adquirir a entrada no propio momento por 10 euros. 

Xa para o día tres de agosto, o día grande, as entradas son de 15 euros —tanto as adquiridas por Internet como de maneira presencial—. «En principio non hai capacidade máxima», asegura Tito. 

Para poder facer facilitar a mobilidade, dende a organización, habilitarán un autobús que comezará a súa ruta na Rúa as 19:40 —estará na zona da praza do Concello—. No caso do Barco será na Estación de Autobuses.  

A Festa das Covas de Vilamartín acolleu a máis de 4000 persoas