Os enxertadores foron e son unha parte moi importante para Valdeorras e, sobre todo, para Vilamartín. Neste 20 de abril quixéronlle facer unha homenaxe a estas figuras tan importantes. Darlle esa importancia os que seguen coa tradición e os que a fixeron posible.
Para poder ver unha festa destas características haise que remontar os anos 60 ou 70, pero case 50 anos despois volveuse a retomar esta tradición para non esquecela, aprender dela e, si é posible, que rexurda das súas cinzas.
Esta era unha actividade moi importante para Vilamartin, case todos os veciños —uns máis que outros—, tiñan enxertos. Agora quedan 5 persoas que se dediquen a isto no municipio. A eles súmanselle outros catro que están no Barco de Valdeorras. Unha visión moi diferente a de anos atrás, «chegáronse a por máis de dous millóns», recorda Tito Rodríguez, membro da directiva da Asociación de Coveiros.
Aurelio Blanco, presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses, foi o encargado de dar inicio a esta homenaxe pondo en valor todo o que ten que ver con esta profesión. Pola súa banda, Joaquín Suárez, presidente da Ruta do Viño en Valdeorras, recalcou que a zona «é moi importante polos viños, pero tamén polos enxertos».
Para finalizar o acto, Enrique Álvarez, alcalde do municipio, leu un pregón que data do ano 1930 de Xaime Prada. Este é un anaco do que se puido escoitar: «O raiar o mediodía, o disparo de cen bombas de palenque e de namitra dirán que chegou a hora de empezar a tremolina. Dende entón non se traballa máis, a non ser nas cociñas».
Nesta primeira celebración, despois de case 50 anos, dende o Concello quixeron homenaxear a tres viveristas que «inda temos en Vilamartín», asegura o alcalde. Eles foron: José Luis Vareiras, Fernando Núñez e Benjamín Vedo.
Falemos do proceso
No caso de querer facelo dunha maneira tradicional precísase: estaca, puga, rafia e, obviamente, precisase material para cortar. O primeiro que se debe facer é limpar e cortar as pugas a uns tamaños determinados. Unha vez feito isto, farase un corte lateral no inicio da estaca e outro na puga.
A isto súmaselle un corte no medio de ambas para así poder encaixalas. Aquí é onde entra en xogo a rafia, esta será a encargada de unir ámbolos anacos para que non se separen e así proceder para que broten.

No caso de elixir unha maneira máis actual necesitaremos: estaca, puga, parafina e unha máquina especial que corta e crear o enxerto directamente. Despois de telo, métese en agua, parafina e de volta na auga. De esta maneira queda selado.
Rematada esta primeira parte, quedan 21 días por diante. Durante este tempo contrólase a calor e a humidade. Para que non teña callogénesis estará os primeiros días a uns 20 grados, despois pasaría a uns 24 cunha humidade de 80 ou 90 por cento. De aquí pásase de novo por parafina e xa se transportan o viveiro.

José Manuel Valeira foi o encargado de ensinar as súas instalacións para que as persoas participantes nesta festa puideran comprender mellor todo o procedo. El mesmo explica que este ano «enxerto uns 80 mil, hai viveiros que teñen 400 mil ou máis».
Se quere ver mellor como se fixo este proceso na Festa de Enxerta pode ver o seguinte vídeo:
A maiores disto, Enrique Álvarez, alcalde do municipio; Sherezade Núñez, teniente alcalde; e Tito Rodríguez, membro da directiva da Asociación de Coveiros, acudiron o estudio de Radio Valdeorras Onda Cero para falar en profundidade de como será este día.
Aprender das tradicións e saber a maneira na que evolucionaron é un dos principais motivos para facer este recoñecemento a estas persoas tan importantes para o municipio.
Exposición de imaxes da enxerta
Engadido a esta homenaxe tamén está presente unha exposición de fotografías antigas sobre a enxerta. Atópase no segundo piso do concello vello de Vilamartín de Valdeorras. Esta recompilación estará durante uns días neste espazo para todas aquelas persoas que queiran acudir a entender mellor a historia.
