A Romería de Santa María Magdalena veo para quedar. Hai máis de 40 anos o pobo de Vilamartín celebraba a Magdalena cunha "festa das familias". Ésta celebrábase na zona da chopeira, onde había unhas mesas de pedra e as familias levaban a comida da casa e alí pasaban o día todos xuntos.

Dese espírito familiar e de unión xurdiu a idea desta primeira comida popular, segundo explicábanos Eva, directora da ANPA. Desta maneira a zona do Bañadoiro convertíase, nesta mañá do 20 de xullo, nun gran comedor ao aire libre cheo de familias, amigos e coñecidos.

Äs 150 persoas asistentes ao evento, que comenzaba ás 14.00 horas, poideron degustar empanada, embutidos ibéricos, paella, bica e bebidas, e todo elo amenizado con boa música e, por suposto, un bar para poder refrigerarse.

Para poder seguir desfrutando, ás 16:30, a piscina municipal acollerá colchonetas acuáticas e unha festa de escuma. Ás 21:00 h ofrecerase unha pancetada popular e ás 23:00 h comezará o concerto de Momboi Band. Para que a festa non remate, a partir da 1:00 h unha discomóvil e disyoqueis.