jueves. 26.06.2025

Enrique Á. Barreiro: «Facer cumprir a lei a veces pasa factura»

O cabeza de lista do PSOE por Vilamartín fai balance e achaca o resultado das eleccións a que «moitos todavía entenden que o Concello debe facer facer favores particulares, non políticas comúns»

Seis votos menos acadados polo grupo socialista de Vilamartín o pasado domingo, arrebataban o sillón a un dos concelleiros da lista, que finalizaba a xornada electoral cun total de cinco, a favor do grupo rival, o PP, que concluía con catro. O bastón de mando ía de novo a parar ás mans de Enrique Álvarez Barreiro, que «analizando en frío» o acontecido, describía coma «sensación agridulce» a que se desprende do resultado obtido.

«O que pensaba a maioría da xente é que gañaríamos un concelleiro, non que o perderíamos, por iso fixemos análise da razón de perdelo», explicou Álvarez Barreiro. A súa conclusión, pasa pola preocupación de saber que «se viñan facendo cousas irregulares, que non estaban ben, herdadas do anterior goberno, do anterior alcalde», e no traballo de correxilas, «atopamos grupos de veciños que pensan que as cousas non deberían cambiar; facer cumprir a lei a veces pasa factura», asegurou.



E puxo exemplos. Explicou que en catro pobos xa interviran e retiraran 18 luces de patios interiores que estaban conectadas á rede pública, «algo habitual - expresou - que se fixo durante tanto tempo porque o anterior goberno así o quixo». Ao aplicar a lei e proceder á súa retirada, personándose en cada propiedade e explicando ao veciño de turno as razóns de retirar esa luz pública dunha propiedade privada, as contestacións que recibía de volta se personalizaban na figura dun alcalde popular que «exerceu o caciquismo», en contra dun socialista que ven a penalizar a todo aquel que non cumpla a lei que é para todos igual.

Lembra Álvarez Barreiro que cando o seu grupo acadou o poder a primeira vez, «dixemos que víñamos a cumplir e facer cumplir a lei». A maioría dos cidadáns entenderon o cambio, pero outros «todavía entenden que o Concello debe facer cousas para eles, non para todos por igual». E é que antes, confesa Álvarez Barreiro, «cando alguén quería facer cousas, acudía ao alcalde a pedilas, facendo alarde de caciquismo e amiguismo». Agora que se esixe legalidade, moitos entenden que o alcalde quere perjudicarlles», relata.



Promete o futuro alcalde socialista de Vilamartín por cuatro anos máis que él e o seu grupo iremos sempre en esa liña, porque «eu estaba moi tranquilo disfrutando do meu traballo de canteiro, se din o paso é porque quero que a miña familia poda vivir dignamente neste pobo, mirando hacia o futuro, e non volver á época de atrás».

Enrique Á. Barreiro: «Facer cumprir a lei a veces pasa factura»