
O alcalde de Vilamartín afirma que se debe respetar o medio ambiente tras descubrir os restos que tiran algúns cidadáns no monte
O Concello de Vilamartín mantén unha loita aberta contra os cidadáns que botan os residuos ao monte. Cociñas, utensilios, roupa ou ata restos de obra son encontrados polos operarios municipais. O último caso para o alcalde Enrique Álvarez Barreiro foi o máis sorprendente xa que foi a apenas 200 metros do Punto Limpo.
O rexedor considera que estes actos non teñen explicación: «O problema é dende sempre, agora o fan a escondidas. Non entendemos porque tendo un Punto Limpo ao lado o tiran no medio do monte» subliñou. Para Álvarez Barreiro tamén é curioso que esta vez deixaron unha documentación con datos persoais entre os restos.
Dende o consistorio poñeran o descubrimento en coñecemento das autoridades para que eles realicen as xestións oportunas. Tampouco olvida que é certo que son poucos casos de este estilo os que se producen no termo municipal, pero pode espantar a xente que quere volver a vivir no rural.
«O respeto co medio ten que ser absoluto. Se queremos recuperar o rural con xente que se estableza, pois con estas cousas marchanse ás ganas. Temos que coidar o noso, respetando todo» declarou.
O Punto Limpo de Vilamartín está aberto os luns, mércores e venres de 10:30 a 13:30 horas.