
Córgomo Arte nace dun grupo de artistas que decidiu unir forzas para crear esta iniciativa fai 12 anos. O seu principal obxectivo é ofrecer un punto de encontro e diálogo para os creadores locais, facilitando un lugar onde poden exhibir as súas obras e, á vez, contribuír á dinamización cultural da zona rural.
O comité organizador do certame encargarase da selección das obras en función da calidade e da adecuación ao tema escollido para esta edición, que é a esperanza. Unha vez seleccionados os artistas recibirán notificación vía correo electrónico ou teléfono, e disporán de ata o 24 de novembro para trasladar as súas obras ás instalacións de Córgomo Arte.
É importante destacar que a organización non asumirá os gastos de transporte das pezas, polo que cada artista deberá entregar as súas obras listas para a súa montaxe.
Ademais, deberán contribuír cunha taxa de 50 euros para cubrir os custos de cartelería e materiais de difusión. Esta cantidade será entregada no momento que depositen as súas obras. A mostra inaugurarase o 7 de decembro de 2024 e permanecerá aberta ao público ata o 5 de xaneiro de 2025.
Si desexa escoitar a entrevista completa con Silvia Fiallega, comisaria de Córgomo Arte XII: