viernes. 19.04.2024
somoscomarca_vilamartin_presentacionlibro_contosacarondalareira_davidvazquez_antoniocastrovoces_josefernandez_aurelioblanco_2023 (4)
'Contos a carón da Lareira', «son as vivencias de David desde neno. Fala da amizade»

O Centro Sociocultural Santa Lucía de Vilamartín de Valdeorras acollía este venres a presentación do libro do seu veciño David Vázquez. "Contos a carón da lareira" recolle unha serie de historias que o autor apunta dende a súa infancia e neste acto contou coa compañía de Aurelio Blanco e José Fernández do Instituto de Estudos Valdeorreses (IEV), e do historiador Antonio Castro Voces.

Aurelio Blanco comezou coas intervencións alabando o traballo dos presentes. "Nacer un libro sempre é un acontecemento, e cando os autores son da categoría destes tres amigos pois moito máis", celebraba.

Vídeo da presentación de Aurelio Blanco Trincado:

Pola súa banda, José Fernández quixo facer un alegato á capacidade de escoitar do autor. "David é dos amigos que escoita, almacena, despois escribe e regálanolo", explicaba. Ademais, comparou o libro con viaxar ao pasado, "isto non son contos, son as vivencias que tivo David desde neno e fala da amizade entre veciños, dos traballos…" explicaba.

Intervención de José Fernández:

Fernández pasáballe o testigo a Antonio Castro Voces, o cal manifestaba o seu pensamento de que a obra vai ser un fito para Valdeorras, "porque son estes contos que están condenados a desaparecer. Deixalos en follas escritas é unha forma de que estén aí".

Intervención de Castro Voces:

Tamén destacaba que a lingua utilizada fora o galego, xa que "a lingua é o elemento más prezado que pode ter un país". Castro explicou que  do libro xurdiron as tres vertentes máis importantes da vida do autor: recoller o patrimonio inmaterial das cousas que pasan nos pobos, a de mestre, e a de escritor. "David é considerado o escritor valdeorrés vivo con maior volumen de libros publicados", alababa.

Intervención de David Vázquez:

O autor de Arcos, David Vázquez, comenzaba a súa intervención recordando as palabras que o seu pai lle dicía cando era pequeno: "para saber hai que ler moito, e para aprender hai que saber escoitar, e tomei ben a lección".

somoscomarca_vilamartin_presentacionlibro_contosacarondalareira_davidvazquez_antoniocastrovoces_josefernandez_aurelioblanco_2023 (5)
O centro Santa Lucía encheuse de persoas que non quixeron faltas á cita coa cultura

Ademais, leu un fragmento do libro “El último guarda de la mina de Valborraz”, do autor valdeorrés Christian Barrio, destacando a brilantez para a súa curta idade. Tamén recoñecía a labor do IEV e remataba recordando a “tres persoas que están aquí pero non presencialmente: meu amigo Paco, meu amigo Balilo e miña amiga Gelines”.

Unha reivindicación para a creación dun museo en Valdeorras

Esta presentación tamén serviu como unha reivindicación para a creación dun museo arqueolóxico ou etnográfico na comarca. “Temos motivos moi destacados como é a lousa ou a elaboración do viño”, afirmaba Castro Voces.

somoscomarca_vilamartin_presentacionlibro_contosacarondalareira_davidvazquez_antoniocastrovoces_josefernandez_aurelioblanco_2023 (1)
David lendo un párrafo do libro de Christian Barrio, «El último guardia de la mina de Valborraz»

Pepe Fernández destacou a gran cantidade que hai na comarca destes restos: o castro de Valencia do Sil, as aras romanas de Viloira e Millarouso, os capiteles ou a lápida de Lucio Pompeio Reburro situada na Rúa Vella. "Se aparecen restos arqueolóxicos hai que ter un lugar onde custodialos", destacaba.

somoscomarca_vilamartin_presentacionlibro_contosacarondalareira_davidvazquez_antoniocastrovoces_josefernandez_aurelioblanco_2023 (7)
Aurelio Blanco Trincado durante a presentación do libro de David

Por último, David Vázquez explicaba que é indispensable que os nenos e nenas teñan un lugar donde ir coñecer todas as cousas que manexaron os seus pais e os seus avós. "Senón camiñaremos a unha xeración que van descoñecer o que foron os seus ancestros", concluía.

somoscomarca_vilamartin_presentacionlibro_contosacarondalareira_davidvazquez_antoniocastrovoces_josefernandez_aurelioblanco_2023 (2)
Pepe non perde fío da conversa entre David e Castro Voces

'Contos a carón da Lareira', «son as vivencias de David desde neno. Fala da amizade»