jueves. 28.03.2024

Un mes máis tivemos o pracer en Somos Comarca de compartir sabenza co historiador valdeorrés Antonio Castro Voces, que nesta ocasión achegounos a figura de Antonio Ruíz de Padrón, abade de Vilamartín no século XIX.

Somos Comarca: ¿Quén era Ruíz de Padrón?

Antonio Castro Voces: Era un personaxe ben coñecido que ten unha historia moi interesante. Naceu en Canarias, na Gomera, no ano 1757. Alí viviu a súa infancia e ordeouse franciscano na Universidade da Laguna. Emprendeu unha viaxe que o levou por varios países do mundo. Estivo en Philadelphia (EE.UU.) onde participou co seu famoso discurso que destaca pola defensa que fai das liberdades individuais das persoas, da dignidade da persoa.

Tamén visitou Cuba, onde loita en contra da exclavitude, e ven a Europa a viaxar por varios países europeos ata que en 1802 é nomeado crego da parroquia de Quintanilla de Somoza en Astorga. Foi o bispo D. Francisco Isidoro Gutiérrez Vigil o que o nomea como crego desa parroquia.

SC: E entón, ¿cómo chega a Valdeorras?

ACV: No ano 1807 oposita, mediante concurso, á parroquia de Vilamartín e vense para a comarca. Non foi fácil facerse abade desta parroquia posto que concurriron máis de 150 cregos, xa que era moi apreciada no só polas rentas que tiña, senón tamén porque era una especie de trampolín para poder optar a lugares de máis prestixio.

SC: ¿Non quería estar na comarca?

ACV: Sí quería. É certo que, nalgunha ocasión, di que non tiña un grande interese en vir para terras valdeorresas, aínda que non se arrepentía. Ruíz de Padrón chega nun momento complicado, estamos en 1807 e hai que recordar que en 1809 chegan os franceses. Demostra o amor por esta terra porque participa activamente en defensa dos nativos do val, é un máis nas famosas escaramuzas dos célebres curas guerrilleiros de Valdeorras, nos grupos de defensa e alarma que se crean nas parroquias. Ten ademáis unha estreita relación cos monxes do convento de Correxais que se distinguen polo seu idealismo liberal que é ben visto e compaxina perfectamente co ideal que defende Ruiz de Padrón.

Nesta primeira etapa en Valdeorras, no ano 1812, resulta elexido diputado por Canarias, e participa nas Cortes de Cádiz representando ao Partido Liberal na magna asamblea celebrada en terras andaluzas. Ten unha participación moi activa porque é ponente na defensa da supresión do Tribunal da Inquisición e tamén na abolición do imposto do voto de Santiago. Alí gaña a simpatía de moitos dos diputados que participaron e regresa a Vilamartín lóxicamente moi ledo e moi satisfeito. Mal podía imaxinar que as cousas en moi pouco tempo iban a cambiar tan drásticamente, e o que naquel momento non eran máis que alegrías e parabéns, se convertirían en tristuras e dores de cabeza. Pero isto será algo que desvelaremos o vindeiro mes…

Castro Voces: "Vilamartín tivo un cura guerrilleiro que participou nas Cortes de Cádiz"