
Este sábado, 9 de marzo, tiña lugar a asemblea anual da Asociación Valdeorresa de Apicultores, o Centro Sociocultural Santa Lucía en Vilamartín era o lugar elixido para celebrala. Esta reunión tiña a primeira convocatoria ás 17:45 e a segunda as 18:00 horas.
Previo a isto, ás 17:00 horas, facíase unha charla formativa "problemáticas actuais da Apicultura en Galicia" impartida por Ester Ordóñez, veterinaria da Asociación.

Como orde do día destacaba a lectura e aprobación da acta da anterior asemblea celebrada no 25 de marzo do 2023 e tamén a proposta de subida de cota de 40 a 48 euros, a cal era aprobada por maioría.
En canto a rogos e preguntas «lo que más nos estuvieron preguntando es acerca de los troyanos en velutinas», comentaba Maite Estévez, quen actuaba como secretaria na asemblea. «Lo más importante ahora mismo es trampear porque es cuando están saliendo», explica.

Isto é algo «muy sencilo, nosotros estaríamos dispuestos a enseñarles», di Estévez. De feito, na zona do Barco «se tienen visto nidos en balcones, entonces ayudaría a evitar a esto».
Pola súa banda, Armando Rodríguez, tamén pide a colaboración cidadá para poder trampear, «ou nos tomamos en serio o trampeo ou se nos acaban as avellas».