Pasadas as 9 da noite baixou san Godellín desde a plaza até onde están ubicadas as letras de pizarra co nome de Arcos ao pé da carrtera que une O Barco con Vilamartín. Ante a presenza do santo das adegas e covas dos de Arcos descubríronse unha a unha as letras que conforman o nome da localidade vilamartinesa.

Aplausos e música de gaitas e unha pandereteiriña amenizaron o acto que rematou cunha merenda na que os veciños trouxeron das súas casas: tortillas, empanada, patacas, chourizo, bica, torroxas e até un achegado fixo de cortador de xamón e fixo moi be, porque todos pasaban pola súa beira a catar o finísimo manxar.

Carlos explicounos que levan cerca de dous anos co proxecto, xa que o ían facendo a poucos cando o tempo lle deixaba e que xa quixeron colocalas en decembro pero non foi posible.

Unha tarde de na que a veciñanza de Arcos reuniuse para pasar un ratiño e de paso botar unha parola e até un baile o son da gaita.

Recordar que mañá, día de San Lourenzo, Arcos celebra ao seu patrón. A procesión celebrarase ás 12.00 horas e logo a misa e a sesión vermú a cargo dunha charanga. A tarde e a noite festa rachada co grupo Arizona.
