domingo. 19.05.2024

Este ano realizarase de xeito virtual por mor da COVID-19

Para adaptarse á «nova normalidade», este ano a «Carrera de las Ciudades» realizaraxe de xeito virtual. Desde a organización non teñen dubida que a comarca vai seguir apoiando este evento solidario aínda que sexa  cada quen desde a súa casa. «Ogallá que poidamos seguir participando e contribuíndo neste evento que cada ano reúne a máis dun milleiro de persoas en Valdeorras», sinalan.

Carrera de las Ciudades. Belén, Patricia y Eva organizadoras del evento
Carrera de las Ciudades. Belén, Patricia y Eva organizadoras del evento

Este 2020 celébrase a terceira edición en Vilamartín de Valdeorras, pero a situación actual obriga a que estes eventos e reunións multitudinarios non se poidan levar a cabo, xa que a enfermidade sigue aí pero a investigación debe continuar. O pasado ano foron 1200 persoas as que participaron en «Carrera de las Ciudades» na comarca.

Inscrición e personalización do dorsal

A inscrición pode facerse na web: carreracancerpancreas.es. Ademais deberase indicar en que cidade se participa, no caso da comarca é  Vilamartín de Valdeorras. Tamén se pode personalizar o dorsal co nome da persoa que se elixa.

O prezo da inscrición é de 10 euros. Son 12,90 euros co envío incluído da camiseta oficial co lema: «2020 este es el momento de ganar la carrera al cáncer de páncreas».

Pódense realizar ata 6 inscricións simultaneamente e para pagar só unha vez os gastos de envío das camisetas.

Unha vez feita a inscrición, é posible descargar a aplicación a través dunha das seguintes ligazóns segundo o sistema operativo do teu teléfono móbil:

Ademais a aplicación permite gardar entrenamentos dos días previos e fotos.

Imaxe de arquivo das organizadoras e colaboradores do pasado ano

Dorsal 0

Está dispoñible tamén a posibilidade de facer unha doazón a través do Dorsal 0. O recadado en Carrera de las Ciudades destinarase a proxectos de investigación contra o cáncer de páncreas. Este evento está promovido por AESPANC y ACanPan con ava das principales sociedades médicas españolas relacionadas coa enfermidade.

Modalidades

A carreira virtual contará con até cinco modalidades:

  •  Andaina ??‍♀️??: 5 ou 10 km
  • Carreira: ????‍♀️: 5 ou 10 km
  • Bici carretera: ????‍♀️: 60 km
  • BTT ??‍♂️??‍♀️: 30 km
  • Cadeira de rodas ??‍???‍?: 5, 10, 30 ou 60 km

«Moitas gracias como sempre pola vosa participación, colaboración e empuxe! Sen tod@s vos non sería posible!», sinalan desde a organización.

Vídeo promocional da carreira virtual:

Aberta a inscrición para participar en «Carrera de las Ciudades»