Aberta a inscrición para participar en «Carrera de las Ciudades»
Este ano realizarase de xeito virtual por mor da COVID-19
Para adaptarse á «nova normalidade», este ano a «Carrera de las Ciudades» realizaraxe de xeito virtual. Desde a organización non teñen dubida que a comarca vai seguir apoiando este evento solidario aínda que sexa cada quen desde a súa casa. «Ogallá que poidamos seguir participando e contribuíndo neste evento que cada ano reúne a máis dun milleiro de persoas en Valdeorras», sinalan.
Este 2020 celébrase a terceira edición en Vilamartín de Valdeorras, pero a situación actual obriga a que estes eventos e reunións multitudinarios non se poidan levar a cabo, xa que a enfermidade sigue aí pero a investigación debe continuar. O pasado ano foron 1200 persoas as que participaron en «Carrera de las Ciudades» na comarca.
Inscrición e personalización do dorsal
A inscrición pode facerse na web: carreracancerpancreas.es. Ademais deberase indicar en que cidade se participa, no caso da comarca é Vilamartín de Valdeorras. Tamén se pode personalizar o dorsal co nome da persoa que se elixa.
O prezo da inscrición é de 10 euros. Son 12,90 euros co envío incluído da camiseta oficial co lema: «2020 este es el momento de ganar la carrera al cáncer de páncreas».
Pódense realizar ata 6 inscricións simultaneamente e para pagar só unha vez os gastos de envío das camisetas.
Unha vez feita a inscrición, é posible descargar a aplicación a través dunha das seguintes ligazóns segundo o sistema operativo do teu teléfono móbil:
- Android: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.sportmaniac_live_app_android.carrera_ciudades
- Apple store: https://apps.apple.com/us/app/carr-ciudades-c%C3%A1ncer-p%C3%A1ncreas/id1536152909
Ademais a aplicación permite gardar entrenamentos dos días previos e fotos.
Dorsal 0
Está dispoñible tamén a posibilidade de facer unha doazón a través do Dorsal 0. O recadado en Carrera de las Ciudades destinarase a proxectos de investigación contra o cáncer de páncreas. Este evento está promovido por AESPANC y ACanPan con ava das principales sociedades médicas españolas relacionadas coa enfermidade.
Modalidades
A carreira virtual contará con até cinco modalidades:
- Andaina ??♀️??: 5 ou 10 km
- Carreira: ????♀️: 5 ou 10 km
- Bici carretera: ????♀️: 60 km
- BTT ??♂️??♀️: 30 km
- Cadeira de rodas ??????: 5, 10, 30 ou 60 km
«Moitas gracias como sempre pola vosa participación, colaboración e empuxe! Sen tod@s vos non sería posible!», sinalan desde a organización.
Vídeo promocional da carreira virtual: