Así foi o 26M en Valdeorras, estreas, nervios e polémica no Bolo. VÍDEO
27 de mayo de 2019 (22:34 h.)
Carballeda, O Barco, A Rúa, Rubiá... candidatos e veciñanza responderon con ilusión á primeira retransmisión en vídeo dunha xornada electoral na comarca.
A do 26M foi unha xornada especial en Valdeorras por ser domingo electoral pero tamén por ser a primeira vez que un medio de comunicación facía unha cobertura dos resultados en directo e retransmitida en vídeo. Pero antes do escrutinio, percorrimos a comarca para recoller o ambiente nos colexios e a experiencia da veciñanza.