viernes. 19.04.2024
somoscomarca_Actualidad_gabrielalen_viana_2022-08-11
somoscomarca_Actualidad_gabrielalen_viana_2022-08-11

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse a Viana do Bolo para, da man da súa tenente de alcalde, María Carmen Conde, visitar aos rapaces e rapazas que participan na quenda de agosto no Programa Concilia trala unha achega de preto de 16.000 euros da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

As actividades constan dunha ludoteca, obradoiros e xogos que se están a desenvolver na Casa da Cultura e no pavillón municipal en horario de 10 a 14 horas, e na que participan 50 nenos e nenas de entre os 4 e os 14 anos.

O delegado territorial subliñou que as axudas forman parten dunha orde de apoios aos que se destinaron para toda Galicia 1,4 millóns de euros en 2022. Na provincia de Ourense, o investimento superou os 450.000 euros, o que permitiu poñer en marcha 28 programas de conciliación en 41 concellos. As iniciativas que se están a desenvolver en toda a provincia están a beneficiar a 1.049 familias e 1.378 menores de 18 anos.

Gabriel Alén manifestou que a conciliación demostra a implicación de homes e mulleres no cumprimento das súas obrigacións e na protección dos seus dereitos. Esta colaboración rompe con aqueles estereotipos que potencian a desigualdade; polo que “todos debemos traballar para fomentar a conciliación e crear sinerxías para harmonizar as nosas vidas e facer un uso racional e máis axeitado dos nosos tempos”.

A conciliación é un eixo prioritario das políticas da Xunta, un ámbito ao que só a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a destinar este ano máis de 16 millóns de euros, máis do triplo que en 2021. Gabriel Alén tamén puxo en valor que a nova Lei autonómica para a igualdade efectiva entre mulleres e homes prestará especial interese á igualdade e o benestar laboral e á conciliación da vida persoal e profesional.

Así mesmo, avanzou que no segundo semestre deste ano está previsto finalizar a avaliación completa do I Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade (2018-2021) e presentar o II Plan, que terá unha vixencia ata 2027.

O delegado territorial aproveitou a súa estadía cos rapaces para poñer en liberdade e reintroducir no medio un exemplar de cegoña e tres aves rapaces nocturnas tralo proceso de rehabilitación desenvolvido no Centro de Recuperación de Fauna do Rodicio

Visita Vilariño de Conso

O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, mantivo na Casa do Concello un encontro coa alcaldesa, Melisa Macía, onde analizou as principais demandas deste municipio en relación á Administración autonómica. Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.

A Xunta financia actividades de conciliación de verán en Viana do Bolo