
20 de diciembre de 2023, 18:25
O Concello de Viana do Bolo presentou o seu programa de actividades e actos para este Nadal. Conta cunha ampla programación, tanto para os máis maiores como os máis pequenos da casa. Comeza a sentirse o espíritu do Nadal no municipio.
Por exemplo, hai só uns días que daban paso ás inscricións para a Ludoteca de Nadal. O Concello prevé que será un Nadal cheo de diversión e moita tradición para todos os gustos. Coa parada obrigatoria dos Reis Magos para saludar a todas as persoas que se querian acercar.
Axenda de Nadal
- Día 21 de decembro na Casa da Cultura
- Festival de música ás 19:30h.
- Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro no Pavillón Municipal:
- Ludoteca de Nadal desde as 10:00h ata as 14:00h.
- Día 30 de decembro en Cabo da Vila:
- Barrio de Belén a partir das 16.00h
- Día 31 de decembro:
- Camiño dos Desexos, inicia ás 16:00h na Praza Maior
- Días 3 e 4 de xaneiro:
- Visita dos Paxes Reais as aldeas de Viana a partide das 14:00h.
- Día 5 de xaneiro na Praza Maior:
- Cabalgata de Reis ás 17:00h