domingo. 22.06.2025

Aberto o prazo de inscripción para Ludoteca do Nadal en Viana do Bolo

Xa se empeza a sentir o Nadal, o Concello de Viana ten preparadas multitude de actividades para estas datas

 

somoscomarca_regalo_niño_2021 (2)
Aberto o prazo de inscrición para Ludoteca do Nadal en Viana do Bolo

Comeza a programación de actividades do Nadal do Concello de Viana do Bolo, neste caso falaremos dunha dedicada para os máis pequenos da casa.

O Concello ten preparadas multitude de actividades para estas datas. A Ludoteca de Nadal estará aberta desde o día 22 de decembro ata o 5 de xaneiro, desde as 10:00 ata as 14:00.

Pero antes da apertura, é momento da inscrición que se poderá facer desde o 12 ata o 19 de decembro no CIM de Viana.

Existe un límite de 50 prazas, por tanto, se hai máis solicitudes terase en conta unha serie de criterios para a elección:

Para a boa xestión deste espazo, pídese ás familias que sexan puntuais na hora da recollida. Tamén que os familiares non entren aos espazos destinados para a actividade.

Algo moi importante, é que os menores non entren con dispositivos electrónicos de ningún tipo e que acudan con roupa e calzado cómodo

Se se necesita máis información sobre este evento, o Concello facilitou un documento con todas as normas a seguir.

Aberto o prazo de inscripción para Ludoteca do Nadal en Viana do Bolo