martes 25/1/22
portada

A central sindical CIG-Saúde da área de Valdeorras, continúa coas súas protestas. Esta vez, expresou mediante un escrito unha protesta cara o servizo sanitario nesta zona. O motivo, nesta ocasión, é a diminución estival dos recursos.

A semana pasada, según conta a CIG,  no centro de saúde de Viana do Bolo, de tres médicos cos que conta o centro, só permaneceu cuberto un posto. Esta situación provocou consultas de 80 pacientes e desprazamentos domiciliarios.

A central sindical afirma, que  á EOXI Ourense non lle gusta a intervención da CIG nestes asuntos, chegando a advertirlle que non lle corresponde a este sindicato a representación dos pacientes. Polo tanto, non deben ocuparse da situación das resonancias magnéticas nin das listas de espera.

Aínda así, a CIG advirte que vai a seguir ocupándose dos dereitos dos traballadores e dos pacientes. Ademaís, esixen unha resposta aos escritos pendentes de contestación.

Ante estas protestas o a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense contesta e dá unha explicación.

A Xerencia de Xestión Integrada de Ourense asegura que a calidade asistencial está garantida

Segundo Xerencia, o complexo traballo de planificación que mantén a EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras no eido da atención primaria, 80% das substitucións temporais, provocadas polo descanso e vacacións do persoal,  son cubertas na súa totalidade.

No caso do Centro de Saúde de Viana, a planificación normal da pasada semana viuse afectada pola repentina indisposición dun facultativo. Isto provocou, nos días seguintes, unha reordenación e coordinación dos efectivos médicos e de enfermería coa fin de dar unha resposta axeitada a esta necesidade puntual.

En todo momento, o equipo sanitario do Centro de Saúde de Viana puido de dar a resposta axeitada á demanda xerada neses días. Desde o primeiro momento a EOXI cubriu axeitadamente as gardas programadas no PAC de Viana e coordinou un posible reforzo coa facultativa do Centro de Saúde de Vilariño de Conso, que ao final non foi necesaria.

Tamén hai que lembrar que, pese a que a poboación pode aumentar durante o período estival nun reducido número de concellos da nosa provincia, as atencións sanitarias, tanto de facultativos como de enfermería, diminúen de xeito moi pronunciado. De todos os xeitos a EOXI, na procura de garantir o mantemento da calidade asistencial, valora constantemente a posibilidade de variar e aumentar as coberturas no caso de que fora necesario.

A Xerencia de Xestión integrada valora, recoñece e aprecia, a labor de todas as organizacións sindicais da área de Valdeorras, coas que se reúne sempre todas as veces que son necesarias para tratar os temas propios do seu ámbito de competencia, e así seguirá sendo. Cando un sindicato quere utilizar a comisión de centro con fins políticos e non laborais, que é para o que os traballadores os elixiron, obterá sempre a mesma resposta da Xerencia.

A CIG denuncia que a pasada fin de semana só houbo un médico no centro de saúde Viana