A Peza de Río é una horta/laboratorio dentro do voluntariado interxeracional que supervisa o inxenieiro técnico agrícola Nicolás Fernández e que «vai servir para a plantación de distintas especies hortícolas que se utilizaron de xeito tradicional na horta galega dende sempre», como asegura o propio enxeñeiro no seguinte vídeo.
Ademais «vamos dedicar una pequena zona da parcela para cultivar hortícola que sirva de xeito experimental para probar algún cultivos como poden ser o cacahuete ou o boniato e ver como se adaptan á zona e logo que a xente con coñecemento de causa poda empregalos nas hortas familiares»

Tamén se pretenden recuperar cultivos que foron importantes antano como as lentellas ou os garavanzos e ver «si se adaptan ben e que lle sirvan eles para empregar na súa propia horta».

Non se deixará de plantar leituga, patacas, pementos ou tomates, como se fixo toda a vida e na que os máis entrados en anos tamén poden aportar os seus coñecementos e experiencia no cultivo.
