domingo. 27.07.2025

As gaitas fanse donas co seu son de Cabeza de Manzaneda

O Certame Celtibérico reuniu a máis de 300 músicos de toda Galicia e converteu a estación de montaña no epicentro da cultura galega, con música, homenaxes e premios

Este domingo, 27 de xullo, rematou na Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda a XVI edición do Certame Celtibérico de Gaitas, consolidado como unha das citas máis importantes da música tradicional galega. Durante esta fin de semana, Manzaneda reuniu a máis de 300 músicos de toda Galicia, que encheron a montaña de sons ancestrais, emoción e reivindicación da cultura rural.

somoscomarca_20250727_cabezademanzaneda_certameceltivbericobandasdegaitas2533

 O tempo acompañou, ao sol reinante sumouse unha brisa fresquiña que convidada a desfrutar do día. Os asistentes puideron comer nos arredores do refuxio, na cima de Cabeza grande bo pulpo e churrasco e tamén comprar lambonadas e obxectos de artesanía no mercado.

somoscomarca_20250727_cabezademanzaneda_certameceltivbericobandasdegaitas2585

A programación arrancou o sábado 26 coa celebración do VIII Serán da Seitura - Memorial Ludivina Pérez, na Praza da Igualdade, onde se exaltaron os cantares populares das terras de Manzaneda e Trives, rendéndolle ademais homenaxe póstumo á mítica cantora «Doña Jacinta», recentemente falecida. Xa entrada a noite, o Festival Noite Celta encheu a estación de música coa participación de grupos e bandas de gaitas.

O domingo foi a quenda da fase final do XVI Concurso de Bandas de Gaitas Celtibéricas, en memoria de Gabino García, cofundador do certame. As distintas seccións incluíron competicións de gaitas solistas, batuta e bandas agrupadas por graos, cunha espectacular actuación conxunta final interpretando o Himno do Antigo Reino de Galicia.

somoscomarca_20250727_cabezademanzaneda_certameceltivbericobandasdegaitas2560

O director da Real Banda da Deputación de Ourense, Xosé Lois Foxo, definiu esta edición cunha soa palabra: «emocionante». Segundo explicou: «Este evento é emocionante. Estamos escoitando rapaces que fan falar as gaitas, como se dicía. O campionato de bandas de gaitas celtibéricos forma parte dese corpus de dignificación do rural».

somoscomarca_20250727_cabezademanzaneda_certameceltivbericobandasdegaitas2580
Foxo e Blecua charlando antes deo comezo dunha das actuacións

Foxo lembrou o papel dinamizador de «figuras como Ludivina Pérez Ricoi e Don Gabino», aos que se lles rendeu homenaxe nas estatuas que ambos teñens en cada seu dos certames.

somoscomarca_20250727_cabezademanzaneda_certameceltivbericobandasdegaitas2570
O alcalde de Manzaneda, amable Fernandez coa presentadora do evento, a xornalista, Monyse Estévez

«Aquí estamos en Manzaneda honrando á xente que nos transmitiu o coñecemento, con xente nova que forma as bandas de gaitas», subliñou.

Pola súa parte, o alcalde de San Xoán de Río e deputado provincial, Xosé Miguel Pérez Blecua, destacou o valor social e identitario da cita: «Todos os últimos fins de semana de xullo estaban marcados no calendario para subir aquí a desfrutar da nosa cultura, das nosas gaitas e da nosa gastronomía. Os pobos que máis avanzan son os que máis cren na súa cultura».

somoscomarca_20250727_cabezademanzaneda_certameceltivbericobandasdegaitas2541
A Real Xuvenil, gañadora do certame

O rexedor de Manzaneda, Amable Fernández, valorou a fin de semana como «moi produtiva e cultural, chea de eventos, con moita mocidade que se anima a manter viva a tradición».

somoscomarca_20250727_cabezademanzaneda_certameceltivbericobandasdegaitas2551

Aproveitou tamén para agradecer o apoio da Deputación e da Xunta, recoñecendo que non é doado manter eventos destas características ano tras ano, especialmente nun contexto de despoboamento: «No último ano viñeron cinco familias novas a Manzaneda. Non soluciona o envellecemento, pero por algo se empeza».

Premios e recoñecementos

Durante a gala final entregáronse os galardóns das distintas categorías. Entre os máis destacados:

Noa González Enríquez proclamouse campioa maior de dez anos na categoría de bastón de mando, entregoulle o premio Marina Luís, segunda tenente alcalde de Manzaneda.

somoscomarca_20250727_cabezademanzaneda_certameceltivbericobandasdegaitas2597

Mael Lombardero gañou na categoría de gaitero solista menor de dez anos. Recibía a medalla de Mayra Martínez, concelleira do Bolo.

somoscomarca_20250727_cabezademanzaneda_certameceltivbericobandasdegaitas2598

Rosa María Carriba Rodríguez foi recoñecida como subcampioa maior que recibiu a medalla de Rafael Martínez, alcalde da Mezquita.

somoscomarca_20250727_cabezademanzaneda_certameceltivbericobandasdegaitas2599

O 1º grao, máxima categoría de bandas, foi para a Real Xuvenil de Ourense, quen recibiu da man do rexidor do concello anfitrión, Manzaneda. Mentres que a banda Agarimo de Catabois acadou o segundo posto cuxo premio foi entregado por Xosé Miguel Pérez, representante da Deputación. 

somoscomarca_20250727_cabezademanzaneda_certameceltivbericobandasdegaitas2542
Marco Foxo, direcror da Real Xuvenil

En 2º grao, a Banda Municipal de Chantada foi a campioa, quen lle entregou o diploma o alcalde de Manzaneda, Amable Fernández.

somoscomarca_20250727_cabezademanzaneda_certameceltivbericobandasdegaitas2609
José Luis Rivera e Amable Fernández, alcalde de Quiroga e Manzaneda respectivamente

No 3º grao, a banda subcampiona foi Ladis Band  e a gañadora a quen lle entregou o trofeo o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera.  foi a de San Pantaleón das Viñas de Ferrol.

somoscomarca_20250727_cabezademanzaneda_certameceltivbericobandasdegaitas2603

No 4º grao, a vitoria foi para a Banda de gaitas de Riós, seguida pola Banda  Preparatório de Castrelo de Miño, a quen lle entregou o premio Miguel Ángel García Alcalde do Bolo.

somoscomarca_20250727_cabezademanzaneda_certameceltivbericobandasdegaitas2604

Tamén se entregou un diploma á banda convidada Áurea, que participou cunha destacada actuación de exhibición.

Este certame foi moito máis ca unha competición. Foi un acto de memoria, de transmisión xeracional e de posta en valor dunha Galicia que, a través da música, resiste, celebra e se reinventa.

Foxo tamén invitou a participar activamente , o vindeiro 3 de agosto, no Filandón de Músicas do Caurel. «O filandón é iso xustamente: poñer en valor á nosa xente, á xente que nos transmitiu o coñecemento». E como se viu esta fin de semana en Manzaneda, ese coñecemento segue vivo.

As gaitas fanse donas co seu son de Cabeza de Manzaneda