jueves. 29.05.2025

«Hai unha inserción laboral de case o 100%»

Francisco García, director do instituto Xermán Ancochea de Trives destaca que os ciclos formativos cada vez teñen máis demanda
somoscomarca_trives_xermanancochea_electricidad_202320231665 (18)

Dedicarte á familia da electricidade e electrónica, empezar no ciclo básico e rematar no superior. Esta é a oferta que teñen dende o IES Xerman Ancochea Quevedo de Trives. Un centro educativo que contan cos tres grados que regulan esta ensinanza en Galicia, chegando a ter «case o 100% de inserción laboral nos seis primeiros meses de rematar», asegura Francisco García, Farruco, director instituto. 

A oferta educativa que propoñen dende o IES Xermán Ancochea permite que non te teñas que mover de Trives, formarte sen demasiados cambios na vida. Todos eles contan de dous anos de formación. No caso do grado básico está enfocado para os alumnos que «non remataron os estudos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)». Unha das vantaxes de elixir esta modalidade é ao rematar tamén se adquire o título da ESO, o que abre ás portas a un grado medio ou de bacharelato. 

somoscomarca_trives_xermanancochea_electricidad_202320231665 (21)
Unha das aulas onde se imparten materias dos ciclos

En canto á oferta de grado medio «temos o ciclo de instalacións eléctricas e automáticas», explica o director. Os requisitos para poder impartir estas clases é ter o título da ESO ou superar a proba de acceso. Para rematar, está o ciclo de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados, sería o superior. Precísase ter a proba de acceso a esta modalidade ou o título de bacharelato. 

somoscomarca_trives_xermanancochea_electricidad_202320231665 (9)

Para este tipo de educación debemos cambiar as materias por módulos, nos que o 60% son prácticos e o 40% restantes son teóricos. Isto o que permite é «por en práctica todos os coñecementos adquiridos, é moito máis dinámico». Esta maneira de aprender «ilusiona moito o alumnado, poden ir facendo cousas», detalla García. 

A FP Dual

Neste novo curso 24/25 vaise instaurar a FP Dual en diferentes modalidades, «nos temos a que equivale a ordinaria, entón aumentan as horas de prácticas». Para esta nova etapa xa se comezará a realizar os traballos nas empresas no primeiro curso o que provoca que as empresas «tomen máis importancia na formación». A maiores, o inglés será un módulo obrigatorio. 

somoscomarca_trives_xermanancochea_electricidad_202320231665 (16)

«Traballos dinámicos e ben remunerados»

A formación profesional estase dando como unhas das vías máis elixidas entre os estudantes e tamén conta cunha «alta inserción laboral», asegura o director do centro. Ao ser unha educación máis curta —dous anos—, para aquelas persoas que non «teñan claro se queren estudar unha carreira universitaria poden comezar por aquí e logo proseguir». 

somoscomarca_trives_xermanancochea_electricidad_202320231665 (3)
Francisco García, director do instituto 

Poder traballar é moito máis sinxelo, xa que «teñen unha inserción de case o 100% aos seis meses de rematar os estudos». Ademais, existe un alto «grado de especialización que demandan dende a industria». De feito, o director asegura que adoitan «encontrar traballos dinámicos e moi remunerados». 

«Hai unha inserción laboral de case o 100%»