miércoles. 03.09.2025

O Servizo de Atención Temperá de Quiroga abre as súas portas cunha xornada de convivencia para familias

A cita será o 3 de setembro, con xogos, actividades e espazos de encontro para reforzar os vínculos entre familias, nenos e profesionais do servizo
P_somoscomarca_240701_quiroga_comisionmixta
O Servizo de Atención Temperá de Quiroga abre as súas portas cunha xornada de convivencia para familias

O Servizo de Atención Temperá (SAT) de Quiroga celebrará este mércores, 3 de setembro, unha nova Xornada de Portas Abertas nas súas instalacións do barrio da Ribeira. A actividade desenvolverase en horario de tarde, de 16.00 a 19.00 horas, e busca converterse nun punto de encontro para nenos, nenas e familias usuarias do servizo, tanto actuais como das que participaron nalgún momento desde a súa posta en marcha.

A iniciativa, que repite tras o éxito da pasada edición, está pensada como unha xornada de convivencia na que reforzar os vínculos entre profesionais, menores e familias. Haberá xogos, actividades dirixidas e amenizadas polo equipo técnico —formado por especialistas en psicoloxía, logopedia e terapia ocupacional—, ademais dunha merenda e espazos para compartir experiencias e resolver dúbidas.

O SAT de Quiroga comezou a funcionar en setembro de 2020 e na actualidade dá cobertura aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil, Folgoso do Courel, Bóveda, O Saviñao, Pantón, A Pobra do Brollón e Sober. O servizo atende a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do neurodesenvolvemento, ou en risco de padecelos, e ás súas familias.

En 2024, o balance de actividade amosou un incremento tanto nas sesións de valoración —que pasaron de 205 a 283— como nos usuarios con sesións individualizadas, de 94 a 111. O Saviñao e Quiroga foron os concellos con maior número de menores atendidos, cun 33,4% e un 28,8% respectivamente. As especialidades máis demandadas foron logopedia (39,28%) e psicoloxía (33,06%).

O servizo conta con cinco profesionais e mantén o seu carácter agrupado grazas ao convenio vixente entre os oito concellos, prorrogado ata 2026. Desde xullo de 2023, o director do SAT é Xosé Manuel Fernández, concelleiro de Servizos Sociais de Quirog

O Servizo de Atención Temperá de Quiroga abre as súas portas cunha xornada de...