martes 7/12/21

A primeira fase da construcción do novo cemiterio deu comezo co movemento de terras na zona

O Concello de Quiroga está un paso máis preto de ver o seu novo cemiterio feito. Tras a adxudicación da primeira fase de construción do cemiterio e da nova rúa que unirá a rúa Tallos coa rúa Rego da Silva este venres comezaron co movemento de terras no emprazamento da futura insalación.

Esta obra conta cun orzamento de 175.000 €. financiados por Vicepresidencia 1ª e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, e pola Consellería Infraestruturas e Mobilidade.

En canto a nova rúa, terá unha lonxitude de 200 metros e unha anchura de 16 m, con todos os servizos urbanos, xa contemplada no Plan Xeral de Ordenación Municipal. Esta nova vía na parte alta da vila quiroguesa, ademais de unir a rúa Tallos co Cuartel da Guardia Civil, dará servizo ao futuro Cemiterio Municipal.

O proxecto do novo recinto mortuorio, endosado ao actual cemiterio, ten unha superficie de 3.326 m2, no que se construirán 1.154 unidades de enterramento novos entre panteóns e nichos. Tamén contará con dous columbarios para depositar as urnas das cinzas con 42 espazos cada un; e un local de culto aconfesional. Dende o novo recinto crearase unha rúa en diagonal e unha serie de rúas que facilitarán o acceso a todos os servizos do cemiterio así como ao antigo campo santo.

Aínda que o novo cemiterio estará unido ao actual, o anterior seguirá sendo de carácter eclesiástico e o novo será municipal, polo que o seu terreo será tamén da súa propiedade. Para o seu bo funcionamento levouse a cabo un acordo co Bispado de Lugo para que o concello se encargue do mantemento dos dous e a Igrexa será quen se encargue da documentación en canto a asentamentos e rexistros tamén dos dous.

Quiroga un paso máis preto do seu novo cemiterio municipal