
O concello tratará de paliar así parte dos efectos da crise económica provocada pola COVID-19
O Concello de Quiroga ven de anunciar a posta en marcha do I Plan de Axudas destinado as persoas traballadoras, autónomas e empresarios da vila afectados pola crise económica da COVID-19, o que lles obligou a pechar os seus negocios e empresas con motivo das medidas restrictivas impostas pola Xunta de Galicia, que entraron en vigor o 27 de xaneiro co fin de frear o virus.
Neste caso dende o consistorio anuncian que non se darán dotacións económicas, senón que constará da anulación de cobro de recibos municipais como o da auga ou o lixo no primeiro trimestre do 2021.
En función das diferentes medidas que vayan anunciando outras administracións como a Xunta de Galicia, Deputación de Lugo e outros municipios, dende o Concello de Quiroga elaborará o II Plan de Axudas para que non se solapen con outras.
Os interesados en acollerse a este plan deben poñerse en contacto co concello de Quiroga, dende o 1 ao 10 de marzo de 2021, mediante unha chamada telefónica o número 982428001, de xeito presencial nas oficinas municipais ou a través da sede electrónica do concello de Quiroga: https://concellodequiroga.sedelectronica.es presentando unha solicitude xenérica.
Tamén se vai aplicar unha axuda aos vendedores de venda ambulante e pulpeiras que habitualmente veñen a Feira de mercado os días 10 e 27 de cada mes. Na feira do día 27 de febreiro, e do 10 e 27 de marzo non se vai cobrar a taxa de venda ambulante aos postos e as pulpeiras.
Foto do Facebook de Concello de Quiroga