martes. 23.04.2024

Estase a derrubar un edificio para proceder a crear unha praza no casco urbán da vila

O Concello de Quiroga está a acometer o derribo dunha edificación no casco urbán da vila, esta acción tamén inclúe a remodelación dun solar contiguo ao mesmo.

Para o acondicionamento destas áreas o concello dirixido por Julio Álvarez asinou un convenio coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda onde o ente autonómico aportará o 70% dos 76.000 euros previstos. Ademáis nos vindeiros meses derrubaráse unha edificación contigua, para esta acción cóntase cunha partida de 48.000 euros.

Outra das melloras que se están levando a cabo no municipio lucense son as obras na Praza do albergue municipal. Os participantes no Obradoiro de Emprego SilLor traballan no revestimento do muro do aparcamento, máis concretamente na parte que da ao CEIP de Quiroga, onde na actualidade hai diversas pintadas e graffitis.

Xunto a esto tamén se está a eliminar a grava da zona dos bancos ser sustituida por pavimento de cuarcita.

Apertura do Museo Xeolóxico

O Museo Xeolóxico volverá a abrir ao público este mesmo sábado, xa que o mesmo encontrábase pechado por mor das obras de ampliación que se fixeron durante os últimos meses e onde se duplicou a súa suferficie para uso e desfrute tanto dos veciños como dos visitantes de Quiroga.

Vista actual do Museo Xeolóxico a 1 día da súa reapertura tras as obras de ampliación

Peche das piscinas

O vindeiro luns será o último día do funcionamento das piscinas municipais da vila que estiveron abertas durante o verán. O día 31 a entrada as instalacións será gratuíta.

Quiroga elimina os espazos degradados na localidade