sábado. 31.05.2025

Os museos de Quiroga amplían o seu horario de apertura no verán

A participación do Concello no programa servizo de voluntariado xuvenil da Xunta de Galicia permite esta modificación nas horas de apertura
somoscomarca_quiroga_museoxeolóxico_2022
Museo Xeolóxico de Quiroga

Os museos xeolóxico e etnográfico de Quiroga amplían o seu horario de apertura durante os meses de xullo e agosto. A participación do Concello de Quiroga no programa servizo de voluntariado xuvenil da Xunta de Galicia, permitirá abrir o Museo Xeolóxico e Etnográfico de luns a venres de 10:00 a 14:00. No caso de sábados, domingos e festivos, o Museo Xeolóxico poderase visitar de 11:00 a 12:00 e o Etnográfico de12:00 a 13:00. 

Ademais, ofrécese a posibilidade de realizar visitas guiadas para grupos de 10 ou máis persoas —a calquera hora e día—. Para concertalas previamente pódese pedir cita no 982.43.51.25 ou no enderezo electrónico cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es.

Durante o mes de agosto retomaranse as xornadas de portas abertas. Serán todos os xoves de agosto, agás o día 15 —día de la Asunción de la Virgen María—. Será de 11:00 a 12:00 no Museo Xeolóxico e de 12:00 a 13:00 o Museo Etnográfico. A entrada será de balde e non é preciso anotarse. Formarase un grupo na estrada de cada museo.

O día 2 de agosto, dentro do programa de dinamización turística do Concello de Quiroga: “Descubrir Quiroga”, que conta co financiamento da Deputación Provincial de Lugo. Actividade de balde e obrigatoria inscrición na casa da cultura ou no enderezo electrónico cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es. 

Os museos de Quiroga amplían o seu horario de apertura no verán