sábado. 31.05.2025

A inscrición do campamento de verán en Quiroga xa está aberta

O prazo remata o vindeiro 25 de xuño e as actividades comezarán o 1 de xullo. Poderán participar 110 nenos de entre 3 e 12 anos e haberá monitores para persoas con necesidades especiais
CIM Quiroga
Centro de Información á Muller do Concello de Quiroga —un dos lugares para realizar as inscricións—.

Hoxe luns 17 de xuño ábrese o prazo para inscribirse nos campamentos de verán do Concello de Quiroga. «Os campamentos desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto e contan cunha subvención do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia, solicitada a través do CIM», explicaba Maite Pérez, concelleira de Educación, Infancia e Igualdade.

As prazas son limitadas a un máximo de 110 nenos, que estarán acompañados por oito monitores con titulación de monitor de ocio e tempo libre, ademais de contar con voluntarios e un coordinador. Unha das novidades deste ano es que poden participar nenos con necesidades especiais, que terán monitores exclusivos para eles.

As actividades que realizarán están programadas dentro dun proxecto de conciliación que incluirá piscina e clases de natación para nenos con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos — aínda que en caso de necesidades concretas por conciliación poderase ampliar algún caso ata os 13 anos—.

Os horarios irán dende as 10:00 até as 14:00 horas. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 27 de xuño na Casa da Cultura ou no Centro de Información á Muller do Concello de Quiroga.

A inscrición do campamento de verán en Quiroga xa está aberta